Aomori (青森市, あおもりし, Aomori-shi en xaponés) é unha cidade e concello do Xapón, capital da prefectura de Aomori. Situada no norte da illa de Honshū, en 2005 a cidade tiña unha poboación de 314.768 habitantes.

O concello de Aomori limita cos concellos de Yomogita, Goshogawara, Itayanagi, Fujisaki, Kuroishi, Hirakawa, Towada, Shichinohe e Hiranai.

Historia En 1625 créase o porto que deu orixe a un asentamento permanente nos seus arredores. O ferrocaril chega en 1891, e poucos anos despois, en 1898, obtén o título de cidade.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Páxina web oficial .

Categoría:Prefectura de Aomori Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Cidades do Xapón