San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes (55 homes e 55 mulleres), tres máis ca en 2006. Ten sete núcleos de poboación.
Patrimonio Castro de Xurenzás. En 2026 estivo afectado por un incendio forestal.
Igrexa de San Pedro de Xurenzás. Nela consérvanse dous baldaquinos en pé, a ámbolos lados da nave central. Na parede protexida por estes descubríronse pinturas góticas representando a San Sebastián e a Virxe.
Xurenzás na cultura popular galega Unha lenda busca explicar a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas, que vivía nesta parroquia, namorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non lla quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás.
Vítor Vaqueiro dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento.
Lugares e parroquias Lugares de Xurenzás
Parroquias de Boborás
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Boborás
Categoría:Parroquias de Boborás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro