Mieres é un concello da comarca da Garrotxa, na provincia de Xirona. En 2006 contaba con 331 habitantes, distribuídos nunha área de 26,29 km².

Xeografía Forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Está situada ao norte da serra de Finestres, a uns 286 m de altitude. Régaa o río Tort, afluente do Ser pola dereita, xunto coa riera de Mieres. Na flora destacan os piñeirais de piñeiro branco, carballeiras e aciñeirais.

A agricultura é de secaño, con viñas e oliveirais. Na gandería destaca o bovino.

Entidades do concello Brugueroles Mieres Ruïtlles El Samuntà de Baix El Samuntà de Dalt

Historia Mieres está documentada desde o ano 834. Viuse mergullada en 1484 na segunda Guerra dos Remensas, dirixida por Pere Joan Sala, cando os campesiños se negaron a pagar os tributos excesivos reclamados polos seus señores.

Demografía O municipio alcanzou o seu máximo de poboación a mediados do século XIX (1.511 habitantes en 1857) e aínda nas primeiras décadas do século XX superaba o millar de habitantes. A partir da década de 1940 comezou a perder poboación continuamente, aínda que os dous últimos decenios están marcados pola estabilidade.

Lugares de interese Igrexa de Sant Pere, barroca. Igrexa de Santa María de Freixa, románica. Igrexa de Ruïtlles, románica.

Festas Feira do intercambio - Anualmente, o segundo domingo de novembro. Procesión das Dores - ë tamén anual, no domingo anterior ao de Ramos, durante a Semana Santa, recreando a Paixón de Cristo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Concello

Categoría:Concellos da provincia de Xirona