Rafael Gasset Chinchilla, nado en Madrid o 23 de setembro de 1866 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1927, foi un avogado, xornalista e político español.

Traxectoria Fillo de Eduardo Gasset Artime, iniciou a súa carreira política como membro do Partido Conservador obtendo un escano por Cuba nas eleccións de 1891. Nos sucesivos procesos electorais foi elixido deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923). Nesta etapa como conservador foi ministro de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións, sendo o primeiro ministro de Agricultura do estado. Partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. A el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911).

En 1905 abandonou o Partido Conservador, pasando a militar no Partido Liberal co que seguiu sendo elixido deputado ata 1923 polas circunscricións da Coruña, Cidade Real e Pontevedra. Como Liberal foi elixido ministro de Fomento en sete ocasións.

Sucedeu ao seu pai na dirección de El Imparcial desde 1884, actuando tamén como correspondente en Cuba. O seu fillo Ricardo Gasset Alzugaray fixo carreira política baixo a súa dirección e tamén foi director de El Imparcial.

Casou con María Alzugaray Lapeye, filla do político Ricardo Alzugaray Yanguas. miniatura|175px|Retrato de Rafael Gasset Chinchilla en Coruña Moderna, 1905.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Ministros de España Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1927