Srebrenica (en serbio cirílico: Сребреница) é unha cidade e un concello da parte oriental da República Serbia de Bosnia e Hercegovina. Srebrenica áchase nunha zona montañosa. Actualmente a súa poboación é de arredor de 4.000 habitantes (36.666 en 1991).
Toponimia O nome da cidade (Srebrenica) significa "mina de prata", tradución eslava do seu antigo nome latín Argentaria.
Economía Antes de 1992 funcionaba na cidade unha fábrica metalúrxica, un balneario termal que atraía turistas de toda a antiga Iugoslavia. Nos seus arredores estaban en actividade minas de cinc, chumbo e ouro. Hoxe a principal actividade económica é a extracción de sal xema e mais os establecementos termais.
Guerra iugoslava Cara ao final da guerra en Bosnia-Hercegovina (1992-1995), en xullo de 1995, Srebrenica foi teatro do peor masacre de civís bosníacos por parte das tropas paramilitares serbio-bosníacas de Ratko Mladić, nomeado como o masacre ou o xenocidio de Srebrenica. A pesar disto, o Acordo de Dayton deixou Srebrenica no territorio da Republika Srpska.
O 24 de marzo de 2007, a asemblea municipal de Srebrenica aprobou unha resolución que demandaba a independencia da Republika Srpska. Os membros serbios da asemblea non votaron a resolución.
Demografía No ano 2005 había cerca de 4.000 bosníacos no concello, case un terzo da poboación total.
Concello Ano de censo total Musulmáns de nacionalidade Serbios Croatas Iugoslavos Outros 1991 36,666 27,572 (75.19%) 8,315 (22.67%) 38 (0.10%) 380 (1.03%) 361 (0.98%) 1981 36,292 24,930 (68.69%) 10,294 (28.36%) 80 (0.22%) 602 (1.65%) 386 (1.06%) 1971 33,357 20,968 (62.85%) 11,918 (35.72%) 109 (0.32%) 121 (0.36%) 241 (0.72%)
Cidade de Srebrenica Ano de censo total Musulmáns de nacionalidade Serbios Croatas Iugoslavos Outros 1991 5,746 3,673 (63.92%) 1,632 (28.40%) 34 (0.59%) 328 (5.70%) 79 (1.37%)
Comunidades locais O concello (општина ou opština) foi ulteriormente subdividido nas seguintes comunidades locais (мјесне заједнице o mjesne zajednice):
Brežani Crvica Gostilj Kostolomci Krnići Luka Orahovica Osatica Podravanje Potočari Radoševići Ratkovići Sase Skelani Skenderovići Srebrenica Sućeska Toplica Vijogor
Galería fotográfica
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Istraživački Centar za Mirovno Obrazovanje - Centro de Investigación pola Paz, única asociación internazional presente en Srebrenica Concello de Srebrenica
Srebenica