Antón Figueroa Lorenzana, nado en Chantada en 1943, é un profesor e teórico literario galego.

Traxectoria Catedrático de Literatura Francesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Figueroa mantén unha constante preocupación pola renovación metodolóxica dende as teorías da recepción ata o concepto de campo literario. É membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.

Obra en galego Ensaio Diglosia e texto (Edicións Xerais, 1988). Lecturas alleas (Sotelo Blanco, 1996). Nación, literatura, identidade (Xerais, 2001). Ideoloxía e autonomía no campo literario galego (Laiovento, 2010). Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural (Laiovento, 2015).

Traducións Loureses: antropoloxía dunha parroquia galega, de Manuel Mandianes Castro (Editorial Galaxia, 1984; canda a Xavier Senín).

Obras colectivas Homenaxe ó profesor Camilo Flores (Universidade de Santiago, 1999). A semente da nación soñada. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (Sotelo Blanco/Xerais, 2008).

Obra en francés Obras colectivas Communication littéraire et culture en Galice , a canda Xoán González Millán, edicións L'Harmattan, Francia e o Canadá 1997, ISBN 2-7384-5286-8 L'espace culturel transnational, 2009, Nouveau Monde Éditions, París.

Premios Premio da Crítica Galicia no 1996, por Lecturas alleas''.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Xerais

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1943 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes