Santa Oalla de Pedrafita é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 99 habitantes, deles 48 eran homes e 51 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 129 habitantes.

Patrimonio A igrexa de Santa Oalla foi reedificada no século XIX. No lugar había un antigo mosteiro, onde se construíu a casa reitoral de estilo barroco. Entre os ríos Miño, Lama e Enviande está o castro Candaz, somerxido polo encoro de Belesar.

Amais da casa do Boán e a casa Forte de Sobrado, na parroquia tamén hai un pombal e un cruceiro, no lugar de Mosteiro.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Pedrafita

Parroquias de Chantada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada

Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Oalla