Santa Cruz de Viana é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 83 habitantes distribuídos en 4,45 km², segundo datos do INE e do IGE, deles 40 eran homes e 43 eran mulleres. O que supón unha diminución respecto o ano 2007 que tiña 101 habitantes, deles 46 eran homes e 55 eran mulleres. En 2016 tiña 64 habitantes, 33 mulleres e 31 homes, segundo o INE.
Toponimia O topónimo vén do latín que fai referencia á invención da Vera Cruz nos tempos de Constantino. En 1244 figura como Sancta Cruce de Asma.
Viana ten unha orixe pouco clara. Pode ser unha palabra precelta con significado de monte. Pode estar relacionada co latín ou cos antropónimos ou .
Patrimonio Igrexa de Santa Cruz de Viana, reedificada no século XVIII sobre a primitiva de estilo románico. Anexa a ela está a capela do Corpo Santo, dedicada a frei Miguel González.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Cruz de Viana
Parroquias de Chantada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada
Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Santa Cruz Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía