Sangue sobre a neve é unha novela negra escrita por Manuel Forcadela publicada en maio de 1990 por Edicións do Cumio. É a primeira entrega das aventuras de Toni Barreiro.

Trama

A acción desenvólvese en Vigo. Toni Barreiro é un ex-lexionario e ex-boxeador (alcumado "O Touro do Calvario") que traballa para unha xestoría, encargándose de lograr que a xente pague débedas pendentes.

Encárganlle un cobro de 50 millóns de pesetas (el vai a comisión, cobrando sempre un 10% do importe), que debe un xerente dunha empresa que apareceu morto na praia do Alcabre. Vese inmerso nunha trama na que hai tráfico de cocaína por medio, e na que ten un asunto amoroso coa muller do falecido cun tiroteo de por medio, logo dunha fuxida nun Citroën desde Vigo a Baiona e logo a Portugal.

Finalmente, e despois de verse ameazado e golpeado en varias ocasións, logra desenmascarar o asunto coa axuda de Katty (a súa moza, que traballa de stripper nun club), de Elvis (un amigo), e de Valiñas (un comisario de policía).

Ó longo da novela, vaise facendo un retrato da cidade olívica, pasando por barrios como O Berbés ou Bouzas. A choiva é o frío invernais, así como o gris dos edificios, forman parte da paisaxe urbana, que acolle situacións protagonizadas por xente de todo tipo, desde malfeitores sen escrúpulos a apaixonadas bailarinas.

Traducións Ao catalán por Josep Pascual co título de Sang damunt la neu publicado en 1992 por Pirene, Col. La MaleïdaFicha en BiTraGa..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial

Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de 1990 Categoría:Novelas ambientadas en Vigo