José Ignacio Cabezón Lorenzo, nado en Ferrol en 1954 e finado o 8 de decembro de 2021, foi un médico e político galego.
Traxectoria Foi o candidato á alcaldía de Neda por Terra Galega nas eleccións municipais de 2007 nas que a súa formación obtivo seis concelleiros e foi a máis votada. Logo dun pacto co Partido Popular accedeu ao goberno do concello. En agosto de 2010 volveu presenta-la súa candidatura ás municipais de 2011, esta vez nas filas do PPdeG, coas que acadou a maioría absoluta. Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía en favor do PSdeG-PSOE, o cal gañou con 5 concelleiros fronte ós 4 seus. Volveu ser candidato do PPdeG nas municipais de 2019 pero non conseguiu recupera-la alcaldía, xa que os socialistas revalidaron o goberno cunha ampla maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Neda
Categoría:Alcaldes de Neda Categoría:Alcaldes de Galicia por Terra Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2021