José Carlos Rodríguez Andina, nado en Ribadeo o 2 de xullo de 1952, é un profesor e político galego.
Traxectoria Cursou o bacharelato no Manuel Peleteiro de Santiago (1962-1969), facendo estudos de matemáticas na USC (1969-1974). Profesor de matemáticas do Instituto Carlos Mª Rodríguez de Valcárce de Ribadeo (posteriormente, IES de Ribadeo nº 1), do que foi director e Xefe de Estudos.
Durante vinte anos foi Presidente do PP en Ribadeo. Foi alcalde do concello de Ribadeo entre 1995 e 2003, formando parte do partido político PPdeG, despois de ter sido concelleiro na oposición de 1991 a 1995. Asemade, foi vicepresidente a Deputación Provincial de Lugo (1999-2003) e en 2009, Xefe provincial de Educación de Cultura. O paso pola Deputación deixoulle unha causa aberta que foi arquivada.
Ten sido asemade Presidente de Amigos da Gaita e do C.B. Ribadeo. No 2023, foi pregoeiro da festas patronais de Ribadeo.
Vida persoal
É irmán de Juan José Rodríguez Andina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadeo
Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG
Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ribadeo
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes