Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz e cantante estadounidense.

Traxectoria Demi Lovato naceu en Albuquerque, Novo México, e criouse en Dallas, Texas. Filla de Patrick Lovato e Dianna de la Garza (Hart, de solteira), é de ascendencia mexicana, irlandesa e italiana. Ten unha irmá máis vella, Dallas Lovato que tamén é cantante, e unha media-irmá, Madison de la Garza que tamén é actriz. Súa nai foi unha Dallas Cowboys Cheerleader e unha cantante country famosa na súa cidade local. Seu pai trasladouse a Novo México despois de divorciarse da súa anterior esposa en 1994.

Demi estudou na escola de ensino secundario Cross Timbers, pertencente ao distrito escolar independente Grapevine-Colleyville, onde foi á clase de coro tres anos. Gañou un diploma de ensino medio mediante educación no fogar en xullo de 2009. Empezou a tocar o piano á idade de sete anos.

Carreira como actriz Comezou en 2002, con 10 anos, na serie infantil Barney & friends, que foi emitida nos anos 2003 e 2004. En 2006, Demi Lovato fixo un capítulo da serie Prison Break, onde interpretaba o papel de Danielle Curtin. Tamén interpretou a Nicole na segunda temporada de Just Jordan, no episodio Slippery When Wet. No ano 2007 conseguiu o seu primeiro papel protagonista, na serie de Disney Channel As the Bell Rings.

No ano 2008, protagonizou o filme Camp Rock que a levaría á fama internacional. O seu papel foi o de Mitchie Torres, unha adolescente de 14 anos que tiña como soño ser cantante e ir ao campamento musical de verán Camp rock. O filme, só nos Estados Unidos conseguiu na estrea 8,9 millóns de espectadores. En 2009, protagonizou a serie orixinal de Disney Channel, Sonny with a Chance, onde facía de Sunny Monroe, unha humorista no programa en vivo So random!

No ano 2009 volveu protagonizar outro filme de Disney Channel, esta vez xunto coa súa amiga e estrela adolescente Selena Gomez, Princess Protection Program, onde fixo da Princesa Rosalinda. En 2010 protagonizou Camp Rock 2: The final jam.

Discografía Título Ano Don't Forget 2008 Here we go again 2009 Unbroken 2011 Demi 2013 Confident 2015

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Actores de Novo México Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Novo México Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Albuquerque Categoría:Artistas de Republic Records