A Revolución de Febreiro (en , fevralskaia revoliutsiia) de 1917 no Imperio Ruso marcou a primeira etapa da Revolución Rusa de 1917. Causou a abdicación do tsar Nicolao II, puxo fin á monarquía rusa e levou á formación dun Goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción á política realizada polo tsar, a súa negación a outorgar reformas políticas liberais e contra a participación de Rusia na primeira guerra mundial, que inflixira grandes penurias á poboación. O réxime nacente resultou dunha alianza entre liberais e socialistas que debía dar paso a un executivo elixido democraticamente e unha asemblea constituínte.Chamberlin (1967), p. 10
Ás crecentes pero estériles conspiracións contra o goberno autocrático de finais de 1916 uníronse as penurias da poboación, cada vez maiores, que produciron protestas a comezos de 1917. No principio do ano, ao descontento político pola falta de reformas sumáronse as privacións da poboación, moi prexudicada pola grande inflación e a escaseza de alimentos e produtos básicos. A comezos de 1917, a incompetencia gobernamental, o descrédito e oposición a calquera cambio político do monarca, as divisións entre os políticos, o desapego da sociedade educada coa autocracia, a crise económica, a reaparición de anteriores tensións sociais e económicas, a duración da guerra e o rexurdimento dos partidos revolucionarios favorecían un cambio.Wade (2000), p. 28
A duración da revolución limítase habitualmente a cinco días de comezos de marzo,Finais de febreiro segundo o calendario xuliano aínda en vigor en Rusia naquel momento. aínda que os acontecementos políticos desencadeados polas protestas duraron ao redor dunha semana. Tradicionalmente considéranse dous factores como causantes da revolución: as manifestacións populares espontáneas polas malas condicións de vida e as actividades da oposición liberal e os mandos militares contra o goberno imperial.
As protestas comezaron o Día Internacional da Muller por mor das privacións e pronto se estenderon entre os obreiros da capital. A pasividade de parte das forzas de seguridade da urbe, especialmente dos destacamentos de cosacos e dos rexementos da gornición da cidade, facilitaron a súa expansión. Os días seguintes as manifestacións creceron e seguiron un mesmo patrón: confraternidade crecente entre os manifestantes e as tropas, enfrontamentos coa policía e calma nocturna. A noite do sábado, con todo, a situación cambiou coa orde do tsar de acabar coas protestas pola forza, que obrigou ás tropas da gornición a tomar partido e a decisión do Goberno de disolver a Duma ata abril. O domingo o número de vítimas creceu notablemente e o ánimo da gornición, obrigada a esmagar as desordes coas armas, volveuse revoltoso; rapidamente o Goberno perdeu o control da maioría das unidades militares da cidade e quedou impotente para acabar coa revolta. Pola súa banda, a Duma, contraria ata entón a enfrontarse abertamente co Goberno –preferindo un acordo de reformas co soberano–, decidiu apoiar as protestas para tratar de controlalas.
O tsar reaccionou negándose a outorgar reformas políticas e ordenando a marcha de tropas contra a capital, pero a resistencia dos altos mandos militares a enfrascarse en grandes operacións militares na retagarda, o seu convencemento da necesidade de realizar concesións e chegar a un acordo coa Duma, o control das comunicacións polos rebeldes e a falta de confianza nas tropas frustraron este intento de sufocar a revolución na capital.
O martes as últimas tropas leais ao Goberno acuarteláranse por non chegaren os reforzos esperados da fronte, o Goberno dispersárase para tratar de evitar a súa captura a noite anterior e algunhas importantes cidades uníronse ao alzamento. O xoves o tsar, privado do apoio dos seus xenerais, abdicaba no seu irmán o gran duque Miguel que, porén, non aceptou o trono ata a celebración de eleccións, o que facilitou a formación dun novo Goberno provisional acordado polos recentemente formados Comité Provisional da Duma e Comité executivo do Soviet de Petrogrado. As principais consecuencias da revolución foron o afundimento do réxime autocrático tsarista e a formación dun poder de goberno dual, compartido de xeito inestable entre o Goberno provisional e o Soviet de Petrogrado.Hasegawa (1972), p. 611 Esta inestabilidade no poder conduciu finalmente á Revolución de Outubro, que acabou co Goberno provisional e precipitou a posterior guerra civil.
Antecedentes Manifestación a favor da república en Petrogrado durante a Revolución de Febreiro.|miniatura|dereita En 1916 multiplicáronse as confabulacións de políticos e militares para eliminar do poder a Rasputín, a tsarina Alexandra ou o propio soberano; a máis destacada bosquexouse no outono de 1916 e nela participaron dirixentes outubristas, progresistas e kadetes.Abraham (1990), p. 116 Os participantes desexaban dar un golpe de estado que evitase unha posible revolución popular, pero finalmente non se levou a cabo intento ningún de realizalo polos continuos atrasos, que fixeron que antes estalase a revolución temida polos políticos burgueses.Abraham (1990), p. 117 A comezos de febreiro, xa parecía que a oportunidade dun golpe de man dos políticos pasara.Abraham (1990), p. 119 Incluso a familia real, especialmente o gran duque Nicolao Nikolaevich, tratou infrutuosamente de convencer o tsar da necesidade de realizar concesións políticas; nunha tormentosa entrevista o o gran duque indicara ao soberano que perdería o trono se non cedía ás peticións de liberalización política.Katkov (1969), p. 297
O ano de 1917 comezou cun intenso frío e unha grande inflación en Rusia.Rabinowitch (1991), p. 24 Sucedíanse as folgas e as manifestacións pola escaseza de alimentos nas principais cidades, debidas á mediocre distribución. O seu carácter era, ademais, cada vez máis ameazador para o réxime: crecía o número de protestas políticas e non unicamente económicas. A inflación era tal a comezos de ano, especialmente a dos alimentos e a da leña, que a maioría de obreiros da capital había tempo que non se podía permitir comprar ovos, leite, carne, azucre ou froita e tiña que elixir entre pasar frío e evitar a indixencia ou tratar de quentarse á custa de pasar fame; un número crecente de habitantes das cidades tíñase que conformar con shchi augada con migallas de pan e ata os obreiros metalúrxicos, cruciais para as fábricas de armamento, comezaran a sentir os efectos da inflación desatada.Lincoln (1987), p. 315 A okhrana avisaba de que, se se desencadeaba unha revolución, estalaría como resultado da crecente fame. De acordo a un informe policial de comezos de ano:Ferro (1975), p. 55
A estas privacións uníase a represión imposta polo Goberno, que prohibía o cambio de emprego ou de fábrica, as reunións ou os sindicatos, o que aumentaba a hostilidade dos traballadores cara ao Goberno e a oposición a continuar os combates.Ferro (1975), p. 56 A guerra acentuara graves problemas sociais e económicos presentes anteriormente na sociedade rusa, causara o envío de quince millóns de homes a servir no exército e privara á poboación civil de gran parte dos servizos de transporte e de numerosos produtos manufacturados; a finais de 1916 os ferrocarrís eran incapaces de abastecer á poboación de produtos básicos e o Goberno viuse forzado a implantar o racionamento dos alimentos.Wade (2000), p. 23 A contenda empeorara ademais as xa duras condicións de vida na capital coa chegada de miles de refuxiados, de novos traballadores para as fábricas empregadas na produción bélica e pola necesidade de moitas mulleres de atender as súas familias tras longas xornadas nas fábricas.Wade (2000), p. 24 A penuria fomentaba a tensión e a desesperación entre a poboación, apreciadas pola policía secreta nos seus informes de comezos de ano.Wade (2000), p. 25
Na capital, Petrogrado, o mando do distrito militar trataba de preparar á gornición (150.000 homes)Chamberlin (1967), p. 5 e as desorganizadas forzas policiais –seis mil axentes– para se enfrontaren a posibles disturbios. Nos puntos estratéxicos da cidade colocáronse metralladoras para poder esmagar calquera rebelión. Os principais dirixentes dos partidos revolucionarios, con todo, non se achaban en disposición de encabezar un posible alzamento contra o Goberno, pois se atopaban ben encarcerados ben no exilio.Chamberlin (1967), p. 4 Os partidos parlamentarios máis críticos coa autocracia non desexaban fomentar unha revolta contra esta.
Fábrica Putilov a comenzos do século XX. O peche da factoría pola dirección acentuou o descontento dos traballadores da capital e favoreceu a extensión das protestas que comezaron ao día seguinte, o .|miniatura|dereita
O descontento, con todo, era profundo e amplo polas penurias da guerra, que lle costara ao país millóns de baixas e desprazados. Os antigos oficiais e soldados favorables ao tsar sufriran numerosas baixas e foran substituídos a miúdo por novos oficiais e recrutas de escasa instrución militar, máis distanciados da postura gobernamental e próximos ao descontento do pobo. A gornición da capital, en especial, sufrira unha gran transformación ao terse enviado aos antigos e fieis rexementos á fronte, que foran substituídos por novas tropas de lealdade dubidosa ao Goberno.Chamberlin (1967), p. 6
O , nunha impresionante mostra de forza, 150.000 traballadores da capital –ao redor do 40% do total dos da capitalWade (2000), p. 29– foron á folga no aniversario do «Domingo Sanguento» (186.000 en todo o país).Rabinowitch (1991), p. 25 Algunhas das fábricas que pecharon ese día facíano por primeira vez desde a revolución rusa de 1905, e púidose observar a soldados saudando aos manifestantes e ás súas bandeiras vermellas. O , os representantes obreiros dos comités de industrias de guerra, nun intento de deter o seu desprestixio entre as masas que favorecía a bolxeviques e socialrevolucionarios internacionalistas, chamaron aos traballadores a marchar á Duma, que estaba a piques de celebrar a súa primeira sesión anual, e esixir que tomase o poder. Dous días máis tarde, eran arrestadosKatkov (1969), p. 320 e encerrados na prisión capitolina de Kresty, acusados de planear a implantación dunha república democrática.Abraham (1990), p. 120 O , o novo gobernador militar da capital –declarada rexión militar separada–,Katkov (1969), p. 324 o xeneral Jabalov, advertía contra a manifestación ao redor da Duma. Os seus intentos de reforzar as forzas de seguridade da capitalKatkov (1969), p. 323 só tiveron un éxito parcial, tanto pola falta de cuarteis onde aloxar os reforzos traídos á cidade como pola falta de lealdade destas cara ao Goberno.
O a Duma reuníase por primeira vez no ano e traballadores de sesenta fábricas da capital –uns 84.000 obreiros– uníanse nunha folga política, mentres estudantes, malia as ameazas da policía, marchaban pola Nevskii Prospekt cantando cancións revolucionarias. A manifestación, con todo, foi un fracaso, como o foi a convocada catro días antes separadamente polos bolxeviques, que non apoiaron o chamamento dos representantes dos comités de industrias bélicas.Abraham (1990), p. 121 Malia iso, o Goberno rodeara a Duma de policía e soldados e o ambiente no parlamento era de tensión extrema. Na súa intervención dese día, Aleksandr Kerenskii criticou con gran dureza tanto ao Goberno como ao Bloque Progresista, síntoma das malas relacións entre liberais e socialistas no Parlamento; Kerenskii acusou á Duma de non estar disposta a se opoñer activamente ao Goberno.Abraham (1990), p. 122 Como era o seu costume desde había tempo, os representantes do gabinete non se achaban presentes na Duma, xesto que manifestaba o seu desprezo aos deputados.Ferro (1975), p. 60