Voyage é o single nº 28 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 26 de setembro do ano 2002.
Características A canción escrita por Hamasaki, e composta por ela e Dai Nagao, é considerada outra das cancións icona na carreira da artista. Esta canción foi un éxito masivo tralo lanzamento do antecesor H, e logrou permanecer durante tres semanas consecutivas no primeiro lugar das listas Oricon, algo bastante raro para calquera canción, e que lle valeu tamén o premio a mellor canción do ano, outorgado polo xurado do Japan Record Award do ano 2002.
A canción á parte de ser utilizada como tema principal da serie de televisión My Little Chef, foi a canción principal da primeira curtametraxe onde Ayumi Hamasaki participou, "Tsuki ni Shizumu" (Afundíndose na Lúa), que foi dirixida por Isao Yukisada. O vídeo musical da canción contén imaxes da película. Ao mesmo tempo do lanzamento deste single, tamén foi lanzada a película en DVD, a que incluía tamén imaxes de como foi gravada a mesmo (e por tanto, tamén do vídeo musical), á parte do vídeo musical de Voyage.
O single en si, contén a versión orixinal da canción a parte da súa versión instrumental, e tamén dous remixes de dúas canción do single anterior H; unha versión bossa de "HANABI" e unha remestura de "Independent".
Lista de temas # Título 1. Voyage "Original Mix" 2. HANABI "electrical Bossa mix" 3. Independent "SUGIURUMN MIX" 4. Voyage "Original Mix -Instrumental-"
Posición nas listas
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas26 de setembro de 2002Oricon Daily Singles Chart#126 de setembro de 2002Oricon Weekly Singles Chart#1319,020679,50028 26 de setembro de 2002Oricon Yearly Singles Chart#9
Véxase tamén Ligazóns externas Voyage información en Avex Network. Voyage información en Oricon.
Categoría:Sinxelos de 2002