"YOU" é o segundo single lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 10 de xuño do ano 1998, dous meses despois do lanzamento do seu primeiro single.

Información

Este segundo single foi unha balada, o contrario do primeiro, que era máis unha canción J-Pop. As letras tamén foron escritas pola mesma Ayumi. A continuación un extracto das letras:

Moitas cousasPasaron polo noso camiño Pero sempre estarei orgullosa de tiEstando aquí, agora Unha persoa non é só un ser viventeCon memorias e sentimentos É algo que non pode ser expresado con palabras

No primeiro álbum de estudio de Ayumi "A song for XX", a mesma moza escribiu unha pequena lenda sobre esta canción, e di así: "O cristal é transparente e fermoso... e vai quebrarse''".

Lista de temas

CD (1998)

# Título 1. You 2. You (Acoustic Version) 3. You (Instrumental)

CD (2001)

# Título 1. You 2. You (Acoustic Version) 3. Wishing (taku's CHEMISTRY MIX) 4. You (MASTERS OF FUNK R&B REMIX) 5. You (ORIENTA-RHYTHM CLUB MIX) 6. You (Dub's Uplifting Mix) 7. You (Instrumental)

Véxase tamén Ligazóns externas "You" información en Avex Network. "You" información da reedición en Avex Network. "You" información en Oricon. "You" información da reedición en Oricon.

Categoría:Sinxelos de 1998