Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo e activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna".Thomas Tymoczko, Jim Henle, James M. Henle, Sweet Reason: A Field Guide to Modern Logic, Birkhäuser, 2000, p. 101. Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica."Noam Chomsky" , by Zoltán Gendler Szabó, in Dictionary of Modern American Philosophers, 1860–1960, ed. Ernest Lepore (2004). "Chomsky's intellectual life had been divided between his work in linguistics and his political activism, philosophy coming as a distant third. Nonetheless, his influence among analytic philosophers has been enormous because of three factors. First, Chomsky contributed substantially to a major methodological shift in the human sciences, turning away from the prevailing empiricism of the middle of the twentieth century: behaviorism in psychology, structuralism in linguistics and positivism in philosophy. Second, his groundbreaking books on syntax (Chomsky (1957, 1965)) laid a conceptual foundation for a new, cognitivist approach to linguistics and provided philosophers with a new framework for thinking about human language and the mind. And finally, he has persistently defended his views against all takers, engaging in important debates with many of the major figures in analytic philosophy..." Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva. É, así mesmo, recoñecido polo seu activismo político, caracterizado por unha forte crítica do capitalismo contemporáneo e da política exterior dos Estados Unidos. Definiuse politicamente a si mesmo como un anarquistaNoam Chomsky, Chomsky on Anarchism (2005), AK Press, pg. 5 ou socialista libertario. Foi sinalado polo New York Times como "o máis importante dos pensadores contemporáneos".The Chomsky Problem (en inglés). The New York Times (25-2-1979). A nova do seu posíbel pasamento o 18 de xuño de 2024 en São Paulo, Brasil foi tendencia na rede social Twitter e outros medios, e desmendida no mesmo día. O seu pasamento foi sinalado por coautores de libros seus, como Ignacio Ramonet na rede social X.com, e desmentido por un verificador de ABC News, que afirmou ter falado coa súa dona Valéria, e outros medios [ https://www.tercerainformacion.es/articulo/internacional/18/06/2024/desmienten-la-muerte-del-filosofo-noam-chomsky/ ]

Propuxo a gramática xenerativa, disciplina que situou a sintaxe no centro da investigación lingüística. Con esta cambiou a perspectiva, os programas e métodos de investigación no estudo da linguaxe. A súa lingüística é unha teoría da adquisición individual da linguaxe e intenta ser unha explicación das estruturas e principios máis profundos da linguaxe. Postulou un aspecto ben definido de innatismo á mantenta da adquisición da linguaxe e a autonomía da gramática (sobre os outros sistemas cognitivos), así como a existencia dun «órgano da linguaxe» e dunha gramática universal. Opúxose con dureza ao empirismo filosófico e científico e ao funcionalismo, en favor do racionalismo cartesiano. Todas estas ideas chocaban frontalmente coas sostidas tradicionalmente polas ciencias humanas, o que concitou múltiples adhesións, críticas e polémicas que o acabaron convertendo nun dos autores máis citados., citando a

Destaca a súa contribución ao establecemento das ciencias cognitivas a partir da súa crítica do condutismo de Skinner e das gramáticas de estados finitos, que puxo en cuestión o método baseado no comportamento do estudo da mente e a linguaxe que dominaba nos anos cincuenta. O seu enfoque naturalista no estudo da linguaxe influenciou a filosofía da linguaxe e da mente (ver a Harman e a Fodor). É o creador da xerarquía de Chomsky, unha clasificación de linguaxes formais de grande importancia en teoría da computación.

É tamén coñecido polo seu activismo político e polas súas críticas á política exterior dos Estados Unidos e doutros países, como Israel. Chomsky, que desvincula completamente a súa actividade científica do seu activismo político, descríbese así mesmo simpatizante do anarcosindicalismo (é membro do sindicato IWW) habendo tamén quen o asocia ao anarco comunismo ou ao comunismo de consellos.Chomsky on Anarchism by Noam Chomsky (resenha). Por Richard Alexander.Vídeo: On Anarchism. Conferência de Noam Chomsky no MIT.The relevance of anarcho-syndicalism: Noam Chomsky interviewed by Peter Jay libcom.org Chomsky é considerado unha figura influente no seu país de orixe e no mundo.

Traxectoria

Chomsky é o fillo do erudito hebreo William (Zev) Chomsky (estudoso da lingua hebrea e un dos seus máis distinguidos gramáticos), orixinario dunha vila da Ucraína, e de Elsie Simonofsky, mestra de hebreo, tamén xudía e procedente da actual Belarús, pero a diferenza do seu marido, ela creceu nos Estados Unidos polo que falaba o inglés ordinario de Nova York. A súa primeira lingua foi o yiddish, pero Chomsky di que entre a súa familia era "tabú" o feito de falalo. Ao describir a súa familia fala dunha especie de gueto xudeu, dividido por un lado en "yiddish" e polo outro en "hebreo", e aliña máis a súa familia con este último, dicindo que creceu "inmerso na literatura e cultura hebrea". Temeu coa expansión do fascismo desde moi novo e influenciado pola experiencia do seu pai e pola guerra civil española adoptou ideas anarquistas.

Á idade de oito ou nove anos, Chomsky pasaba todas as noites dos venres lendo literatura hebrea. Moitos anos despois sería el quen daría clases de hebreo. Con todo, e a pesar do seu traballo lingüístico que levou a cabo durante a súa carreira, Chomsky asegura que "a única lingua que falo e escribo con competencia é o inglés".

Chomsky recorda que o seu primeiro artigo escribiuno aos dez anos de idade e que trataba sobre a expansión do fascismo despois da caída de Barcelona durante a guerra civil española. Aos doce ou trece anos identificariase máis plenamente coa política anarquista.

En 1945 iniciou estudos de filosofía, lingüística e matemáticas na Universidade de Pensilvania, aprendendo do filósofo C.West Churchman e do lingüista Zellig Harris (tamén inmigrante xudeu-ucraiano, fundador do primeiro departamento especializado en lingüística en Norteamérica); tanto Harris como a súa nai Elsie influíron, máis que o seu pai Zev, na formación da súa ideoloxía política. Tamén por influencia de Zellig Harris, Chomsky comezou a tomar clases de matemáticas e filosofía. Un dos seus mestres foi o filósofo Nelson Goodman, quen máis tarde os presentaría na Society of Fellows de Harvard.

En 1949, Chomsky casou coa lingüista Carol Schatz, quen morreu o 20 de decembro de 2008.Carol Chomsky, 78, Linguist and Educator, Dies Tiveron dúas fillas, Aviva (1957) e Diane (1960), e un fillo, Harry (1967).

Chomsky recibiu o seu doutoramento en lingüística da Universidade de Pensilvania en 1955. Conduciu moita da súa investigación doutoral durante catro anos na Universidade Harvard como Harvard Junior Fellow. Na súa tese de doutoramento, comezou a desenvolver algunhas das súas ideas sobre lingüística, e elaboralas no seu libro Syntactic Structures de 1957, quizais a súa obra máis coñecida no campo da lingüística.

Chomsky pasou a formar parte do Massachusetts Institute of Technology (MIT) en 1955 e en 1961 foi designado profesor no Departamento de Linguas Modernas e Lingüística (agora é o Departamento de Lingüística e Filosofía). Desde 1966 ata 1976 levou o profesorado de Linguas Modernas e Lingüística Ferrari P. Ward. En1976 foi designado Institute Profesor. Chomsky vén dando clases no MIT de forma continuada desde hai 50 anos.

Foi durante este tempo que Chomsky foi máis afín á política: foi un dos líderes opositores á guerra de Vietnam coa publicación do seu ensaio A Responsabilidade dos Intelectuais ("The Responsibility of Intellectuals",1967) no The New York Review of Books en 1967. Desde entón, Chomsky foi ben coñecido polas súas posturas políticas, facendo charlas sobre política para todo o mundo, e escribindo numerosos libros. A súa influente crítica á política exterior dos Estados Unidos e a lexitimidade do poder dos Estados Unidos, fixo del unha figura controvertida. Aínda que os sectores da esquerda séguenlle con devoción, ten crecentes críticas do sector liberal así como da dereita, particularmente logo da súa postura tralos atentados do 11 de setembro de 2001. Os alicerces das súas ideas lingüísticas aparecen na súa tese, que vería a luz ampliada en 1957 co título Estruturas Sintácticas (Syntactic Structures).

Desde entón é unha figura de referencia na crítica á lexitimidade das actuacións estadounidenses no estranxeiro, que inclúen os feitos relacionados co ataque do 11 de setembro de 2001. Por outra parte, Chomsky é, posibelmente, o pensador vivo máis citado na actualidade na área das humanidades.

Chomsky tamén ten recibido crédito de grupos culturais. O grupo musical Rage Against the Machine leva os seus libros nas súas xiras. A banda de grunge Pearl Jam tocou pedazos de discursos de Chomsky mesturadas coas súas músicas. O grupo de rock and roll R.E.M. convidou ó lingüista para conferenciar antes dos seus concertos, ó que Chomsky recusou. Discursos de Chomsky teñen aparecido nos lados B dos álbums da banda Chumbawamba e outros grupos.

Contribucións á lingüística En 1957, con tan só 29 anos, Chomsky revolucionou o campo da lingüística teórica coa publicación da obra Syntactic Structures (en galego Estruturas sintácticas), baseada na súa tese doutoral -Logical Structure of Linguistic Theory 1955 (en galego Estrutura lóxica da teoría lingüística)-, que non sería publicada ata 1975. O efecto que produciu sobre as teorías lingüísticas e psicolóxicas entón en voga foi demoledor, xa que atacaba os orzamentos centrais tanto do estruturalismo como da psicoloxía condutista. Ata entón, críase que a adquisición da linguaxe, como calquera outra destreza humana, producíase por medio da aprendizaxe e da asociación. Con todo, Chomsky postulaba a existencia dun dispositivo cerebral innato (o "órgano da linguaxe"), que permite aprender e utilizar a linguaxe de forma case instintiva. Comprobou ademais que os principios xerais abstractos da gramática son universais na especie humana e postulou a existencia dunha Gramática Universal.

Chomsky denominou gramática xenerativa ao conxunto de regras innatas que permite traducir combinacións de ideas a combinacións dun código. Fundamentó a hipótese, xa existente, de que a gramática é un sistema combinatorio discreto que permite construír infinitas frases a partir dun número finito de elementos mediante regras diversas que poden formalizarse. A nova teoría consideraba que as expresións (secuencias de palabras) teñen unha sintaxe que pode ser caracterizada (globalmente) por unha gramática formal; en particular, unha gramática estendida por normas de transformación. Supónselles aos nenos un coñecemento innato da gramática elemental común a todas as linguas humanas (o que supón que toda lingua existente é unha clase de restrición). Sostense que a modelización do coñecemento da lingua a través dunha gramática formal explica a "produtividade" da lingua: a partir dun conxunto reducido de regras gramaticais e un conxunto finito de vocábulos, os seres humanos somos capaces de producir un número infinito de oracións, incluídas oracións que ninguén dixera antes. A capacidade para estruturar a nosa produción desta maneira é innata, parte do patrimonio xenético dos seres humanos e chámase gramática Universal.