O maorí (en ) é unha lingua polinesia da familia malaio-polinesia falada en Nova Zelandia polo pobo maorí. Está emparentada co maorí das illas Cook, co tuamotuano e co tahitiano. A lei da lingua maorí de 1987 concedeulle o status de lingua oficial no país. Antes do contacto cos europeos, a lingua carecía dun sistema de escritura; na actualidade, emprégase o alfabeto latino, que foi adoptado e estandarizado polos maorís do norte, en colaboración con clérigos protestantes ingleses durante o século XIX.

O maorí está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Distribución xeográfica O maorí fálano en Nova Zelandia unhas 60.000 persoas, case todas de orixe maorí, aínda que o seu número varía segundo as fontes, o censo de 1996 informaba de 160.000 falantes, mentres algúns estudos sociolingüísticos estiman o número de falantes en menos de 50.000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en maorí Rexurdimento da lingua maorí Lingua maorí das Illas Cook Lingua moriori

Bibliografía C.M. Churchward, Tongan Grammar. ISBN 982-213-007-4 (Previous ISBN 0-908717-05-9) C.M. Churchward, Tongan Dictionary. ISBN

Ligazóns externas Introdución á lingua maorí na web ''Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.

Categoría:Linguas polinesias Categoría:Linguas de Nova Zelandia