Vitoria do Reino Unido, nada en Londres, Reino Unido o 24 de maio de 1819 e finada na Illa de Wight, Reino Unido o 22 de xaneiro de 1901, foi raíña do Reino Unido desde a morte do seu tío paterno, Guillerme IV do Reino Unido, o 20 de xuño de 1837, ata o seu falecemento o 22 de xaneiro de 1901, mentres que como emperatriz da India foi a primeira en ostentar o título desde o 1 de xaneiro de 1877 ata o seu deceso.

Vitoria era filla do príncipe Eduardo, duque de Kent e Strathearn, cuarto fillo do rei Xurxo III. Tanto o duque como o rei morreron en 1820, o que provocou que Vitoria fose criada baixo a supervisión da súa nai, a princesa alemá Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. Herdou o trono aos dezaoito anos, trala morte sen descendencia lexítima de tres tíos paternos. O Reino Unido era xa naquela época unha monarquía constitucional establecida, na que o soberano tiña relativamente poucos poderes políticos directos. En privado, Vitoria intentou influír no goberno e no nomeamento de ministros. En público, converteuse nunha icona nacional e na figura que encarnaba o modelo de valores férreos e de moral persoal típico da época.

Casou co seu curmán, o príncipe Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha en 1840. Os seus nove fillos e vinte e seis dos seus corenta e dous netos casaron con outros membros da realeza ou da nobreza de Europa, unindo a estas entre si. Isto valeulle o alcumo de «avóa de Europa». Trala morte de Alberte en 1861, Vitoria comezou un loito rigoroso durante o cal evitou aparecer en público. Como resultado do seu illamento, o republicanismo gañou forza durante algún tempo, pero na segunda metade do seu reinado, a súa popularidade volveu aumentar. Os seus xubileus de ouro e de diamante foron moi celebrados.

O seu reinado de 63 anos e 7 meses foi o máis longo na historia do Reino Unido e coñecéuselle como época vitoriana. Foi un período de cambio industrial, cultural, político, científico e militar no Reino Unido e estivo marcado pola expansión do Imperio británico. Vitoria foi a última monarca da casa de Hannover. O seu fillo e sucesor, Eduardo VII, pertencía á nova casa de Saxonia-Coburgo e Gotha.

Antecedentes miniatura|esquerda|Princesa Carlota Augusta de Gales. En 1817 a princesa Carlota Augusta de Gales morreu dando a luz a un fillo que naceu morto, provocando unha crise sucesoria no Reino Unido.Dulcie M. Ashdown, Victoria and the Coburgs (Londres, U.K.: Robert Hale, 1981), páx. 38. Carlota era a única filla do príncipe rexente (o futuro Xurxo IV, fillo máis vello de Xurxo III do Reino Unido, que actuaba como rexente debido á enfermidade do seu pai) e da súa esposa «repudiada» Carolina de Brunswick-Wolfenbüttel.Hugh Montgomery-Massingberd (editor), Burke's Royal Families of the World, Volumem 1: Europe & Latin America (Londres, U.K.: Burke's Peerage Ltd, 1977), páx. 40 O nacemento foi visto como algo milagroso, xa que os pais alegaban non manter máis de tres relaciones sexuais durante o matrimonio, polo que o nacemento doutro fillo do príncipe Xurxo sería, como mínimo, improbable.Williams, Kate (2008). Becoming Queen Victoria. Nueva York: Ballantine Books. ISBN 978-0-345-46195-7. páx. 24.

A liña de sucesión ao trono británico extinguiuse rapidamente: Xurxo III tiña doce fillos, pero ningún neto lexítimo que puidese herdar a coroa. As súas cinco fillas estaban solteiras ou eran estériles e ningún dos seus fillos estaba casado, a excepción do segundo, Frederico, que tampouco tiña fillos.Alison Weir, Britain's Royal Family: A Complete Genealogy (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 286. Isto provocou unha «carreira» por casar por parte dos príncipes solteiros.Van Der Kiste, John, Childhood at Court 1819-1914, Sutton Publishing, 1995, páx. 2. O seu terceiro fillo, Guillerme, casou coa princesa Adelaida de Saxonia-Meiningen, de cuxo matrimonio naceron dúas fillas: Carlota (1819) e Isabel (1820), ambas mortas antes de cumprir dous anos,Alison Weir, Britain's Royal Family: A Complete Genealogy (Londres, U.K.: The Bodley Head, 1999), páx. 302. e varios abortos espontáneos, o último de xemelgos en 1821, polo cal era probable que non terían máis fillos.Ziegler, Philip (1971). King William IV. Londres: Collins. ISBN 0-00-211934-X, pp.126–127

O cuarto fillo de Xurxo III, Eduardo, casou con Vitoria de Saxonia-Coburgo-Saalfeld, viúva do duque de Leiningen -co que había ter dous fillos, Carlos e Feodora-, e irmá do viúvo de Carlota, Leopoldo de Saxonia-Coburgo e Gotha. Deste casamento naceu en 1819 unha filla chamada Alexandrina Vitoria. Tralas mortes sucesivas das curmás e do pai uns meses despois e, xa en 1830, de Xurxo IV, Vitoria converteuse na herdeira presunta ao trono británico.

Nacemento e familia miniatura|Pintura da princesa Vitoria á idade de catro anos, por Stephen Poyntz Denning. O pai de Vitoria, o príncipe Eduardo, casou coa princesa Vitoria o 30 de maio de 1818 no palacio de Ehrenburg en Coburgo. Para que non houbese dúbidas sobre a validez do matrimonio, realizouse unha segunda cerimonia en Inglaterra, no palacio de Kew, o 11 de xuño dese mesmo ano, o mesmo día que o irmán máis vello do príncipe, o tamén príncipe Guillerme, casou coa princesa Adelaida de Saxonia-Meiningen.Van Der Kiste, John, Childhood at Court 1819-1914, Sutton Publishing, 1995, páx. 2

O pai da futura raíña tiña bastantes débedas antes do matrimonio, pero a súa situación económica empezou a agravarse aínda máis: como Eduardo non estaba de acordo coas posturas políticas do seu irmán, o príncipe rexente, este negouse a axudalo e, por iso, os pais de Vitoria tiveron que irse de Inglaterra e empezaron a vivir en Alemaña. Poucas semanas despois, Vitoria soubo que estaba embarazada e o duque deuse conta da importancia que tiña o feito de que o neno nacese en Inglaterra. Por iso, coa axuda dalgúns amigos, conseguiu reunir o diñeiro suficiente para a viaxe cando a duquesa estaba embarazada de sete meses. Chegaron ao seu destino o 24 de abril de 1819 e instaláronse no palacio de Kensington. Alí naceu a futura raíña Vitoria xusto un mes despois, o 24 de maio ás 4:15.Hibbert, pp. 3–12; Strachey, pp. 1–17; Woodham-Smith, pp. 15–29

Vitoria foi bautizada na Sala da Cúpula do palacio de Kensington o 24 de xuño do mesmo ano por Charles Manners-Sutton, arcebispo de Canterbury. Os seus padriños foron o tsar Alexandre I de Rusia -representado na cerimonia polo seu tío, Frederico de York- o seu tío Xurxo, futuro Xurxo IV; a súa tía, Carlota de Gran Bretaña -representada pola princesa Augusta Sofía do Reino Unido- e a avoa materna de Vitoria, a duquesa Augusta -representada pola princesa María-. Os seus pais quixeron chamala Vitoria Xeorxina Alexandrina Carlota Augusta, pero o príncipe rexente -e irmán máis vello do duque- insistiu en que tres dos nomes desaparecesen. Acabou sendo bautizada unicamente como Alexandrina Vitoria, en honor ao tsar Alexandre I e á súa nai.Hibbert, pp. 12-13; Woodham-Smith, pp. 34-35

Vitoria atopábase no quinto lugar na liña de sucesión, despois do pai e dos tres irmáns máis vellos deste.Longford, p. 24 O príncipe rexente estaba separado da súa muller, e a esposa do duque de York, a princesa Federica Carlota de Prusia, tiña 52 anos, polo que non había moitas posibilidades de que os dous fillos maiores tivesen herdeiros. As dúas fillas do duque de Clarence morreron antes de cumprir os dous anos. O avó e o pai de Vitoria morreron en 1820 con só unha semana de diferenza e o duque de York morreu en 1827. Trala morte do rei Xurxo IV en 1830, Vitoria converteuse en herdeira presunta do seu tío Guillerme IV. A acta de Rexencia de 1830 incluía unha cláusula especial que convertería á duquesa de Kent e nai de Vitoria en rexente se Guillerme morría antes de que Vitoria cumprise 18 anos.Hibbert, p. 31; St Aubyn, p. 26; Woodham-Smith, p. 81 O rei Guillerme desconfiaba da capacidade da duquesa para ser rexente e, en 1836, declarou na súa presenza que quería vivir ata ver a Vitoria cumprir 18 para evitar unha rexencia.Hibbert, p. 46; Longford, p. 54; St Aubyn, p. 50; Waller, p. 344; Woodham-Smith, p. 126

Herdeira ao trono miniatura|esquerda|Vitoria en 1838. Vitoria describiría máis tarde a súa infancia como «bastante melancólica».Hibbert, p. 19; Marshall, p. 25 A súa nai era moi protectora, polo que tivo unha educación illada, lonxe doutros nenos da súa idade, seguindo o chamado «sistema Kensington», un conxunto de regras e protocolos elaborados pola duquesa e o seu ambicioso e dominante mordomo, sir John Conroy, que segundo algúns rumores era amante da duquesa.Hibbert, p. 27; Longford, pp. 35–38, 118–119; St Aubyn, pp. 21–22; Woodham-Smith, pp. 70–72 O sistema impedíalle atoparse con persoas que a súa nai e Conroy considerasen indesexables -un grupo que incluía gran parte da familia do seu pai- e tiña como obxectivo volvela débil e dependente deles.Hibbert, pp. 27–28; Waller, pp. 341–342; Woodham-Smith, pp. 63–65 A duquesa evitaba a corte, pois lle chocaba que alí houbese fillos ilexítimos do rei,Hibbert, pp. 32–33; Longford, pp. 38–39, 55; Marshall, p. 19 e tamén para mostrar a moralidade de Vitoria ao insistir no feito de que a súa filla evitase toda forma de indecencia sexual.Lacey, Robert (2006) Great Tales from English History, Volume 3, Londres: Little, Brown, and Company, ISBN 0-316-11459-6, pp. 133–136 Vitoria compartía cuarto coa súa nai, estudaba con titores privados de acordo cun horario regulado e pasaba as horas de lecer xogando coas súas bonecas e o seu toy spaniel inglés, chamado Dash.Waller, pp. 338–341; Woodham-Smith, pp. 68–69, 91 Aprendeu francés, alemán, italiano e atín,Hibbert, p. 18; Longford, p. 31; Woodham-Smith, pp. 74–75 pero falaba inglés na casa.Longford, p. 31; Woodham-Smith, p. 75

En 1830 a duquesa de Kent e Conroy levaron a Vitoria ao centro de Inglaterra para visitar Malvern Hills, deténdose en varios pobos e en casas de campo polo camiño.Hibbert, pp. 34-35 Entre 1832 e 1835 realizaron viaxes semellantes. Para grande irritación do rei Guillerme, Vitoria foi recibida con moito entusiasmo en todos os lugares.Hibbert, pp. 35-39; Woodham-Smith, pp. 88-89, 102 Guillerme considerou que esas viaxes reflectían unha ambición de realeza e temía que se empezase a ver a Vitoria como unha rival no canto de como unha herdeira.Hibbert, p. 36; Woodham-Smith, pp. 89-90 A Vitoria non lle gustaban esas viaxes: as constantes aparicións públicas deixábana moi cansa e tiña pouco tempo para relaxarse.Hibbert, pp. 35-40; Woodham-Smith, pp. 92, 102 A princesa acabaría opoñéndose a isto, e argumentaría que non lle gustaban ao rei, pero a súa nai ignorou as súas queixas por celos e obrigouna a continuar.Hibbert, pp. 38-39; Longford, p. 47; Woodham-Smith, pp. 101-102 Mentres estaba en Ramsgate, en outubro de 1835, Vitoria colleu unha forte febre, pero Conroy ignorouno e afirmou que as súas queixas eran fantasías infantís.Hibbert, p. 42; Woodham-Smith, p. 105 Mentres Vitoria estaba enferma, Conroy e a duquesa intentaron que nomease a Conroy o seu secretario privado, pero a princesa negouse.Hibbert, p. 42; Longford, pp. 47?48; Marshall, p. 21 Durante a súa adolescencia, Vitoria resistiu aos persistentes intentos por parte da súa nai e de Conroy para que este fóra o seu secretario.Hibbert, pp. 42, 50; Woodham-Smith, p. 135 Cando chegou a raíña, acabou finalmente por apartalo da súa presenza, pero Conroy mantívose na casa da súa nai.Marshall, p. 46; St Aubyn, p. 67; Waller, p. 353 dereita|miniatura|Vitoria na súa mocidade.