San Miguel de Marcón é unha parroquia do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal (INE) en 2017 tiña 2105 habitantes (1012 homes e 1093 mulleres), 15 menos ca no ano anterior.

Xeografía A parroquia sitúase ao pé do monte da Fracha (545 m). Limita coa Canicouva, Tomeza, Bora, Mourente e Tourón. Está atravesada polo río de Pintos, afluente do río dos Gafos.

No seu momento pertenceu ao concello de Mourente.

Patrimonio A súa igrexa parroquial (do século XX, que mestura estilos románico e gótico), a casa reitoral e a ponte do Couto son as mostras máis destacadas do seu patrimonio monumental. A fonte dos Bañiños é de augas medicinais.

No campo de fútbol do Carrasco xoga o Marcón Atlético, e pola parroquia discorre a proba de rally Subida Cidade de Pontevedra, que remata no polígono industrial do Campiño.

Festas A parroquia celebra as festas de San Miguel os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.

Lugares e parroquias Lugares de Marcón

Parroquias de Pontevedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra

Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel