O xentilicio é un adxectivo relativo, sobre todo, ó lugar de nacemento e, en menor medida, á liñaxe ou raza á que alguén pertence (estes serían etnónimos). En Galicia existe tradicionalmente unha tendencia ó uso de xentilicios hipocorísticos para entidades menores, non derivados do nome do lugar e si de características e alcumes, normalmente despectivos. Na actualidade, a linguaxe xornalística está a crear e inventalos para moitas pequenas poboacións galegas, con moi desigual calidade.

Sufixos habituais Sufixos de territorios de lingua galega Os sufixos máis habituais para construír xentilicios en galego son: -és / esa: lugués/luguesa, santiagués/santiaguesa -án / -á (zonas occidentais e centrais) ou -ao / -á (zona oriental): compostelán/compostelá, ribeirao/ribeirá -ego / -ega: naviego/naviega -eiro / -eira: rosaleiro/rosaleira -iño / -iña, -íu / -ía ou -ín / -ina: troncosiño/troncosiña, franquíu/franquía, vilafranquín/vilafranquina -exo / -exa: portexo/portexa -oto / -ota: miñoto/miñota

Empréganse tamén algúns sufixos cultos que forman xentilicios co étimo do topónimo: -ense: mindoniense -ino / -ina: monterrosino/monterrosina

Sufixos de exónimos Os principais sufixos para a formación léxica de xentilicios nos exónimos son:

-ano / -ana e -iano / -iana: venezolano/venezolana, iraniano/iraniana que é o máis habitual -án / -á e -ón / -oa: alemán/alemá, bretón/bretoa, que aparecen en poucos casos -és / esa: chinés/chinesa -ense: londiniense -ino / -ina: alacantino/alacantina -o / -a, posiblemente por derivación regresiva de lugares rematados en -IA(S) átono: polaco/polaca, sueco/sueca

Nalgúns casos os sufixos teñen relación coa área xeográfica: -ún(o) / -una, de orixe vasca, non é propio da lingua galega pero foi introducido incorrectamente polos medios de comunicación: euscaldún/euscalduna, batasuno/batasuna -arra, de orixe vasca, non é propio da lingua galega: donostiarra é a única palabra aceptada por motivos tradicionais recentes. Non se di "bilbotarra, irundarra, eibotarra...", pois existen as terminacións propias de orixe latina -í, nas áreas árabes e musulmás: marroquí -eño / -eña e -eno / -ena, na área hispana: panameño/panameña, chileno/chilena -eiro / -eira, na área lusobrasileira e como adaptación de xentilicios iberoamericanos: brasileiro/brasileira, santiagueiro/santiagueira -enco / -enca, nas áreas catalás: eivisenco/eivisenca

Por último, existen moitos xentilicios que empregan terminacións menos habituais: -ático / -ática: asiático/asiática -ita: vietnamita -al: provenzal -ol / -ola: español/española -ar: balear -asco(n) / -asc(on)a, de orixe francomeridional: monegasco/monegasca -iño / -iña: biscaíño/biscaíña

De todos os xeitos, cómpre reiterar que a tradición marca popularmente o uso de xentilicios non derivados: gavacho, chamaco, che, paio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de xentilicios de concellos galegos Lista de xentilicios do galego exterior Ligazóns externas Lista de xentilicios de países Xentilicios dos concellos galegos Xentilicios de concellos do galego exterior Xentilicios da Unión Europea

Categoría:Terminoloxía Categoría:Lexicoloxía Categoría:Xeografía