O Congreso dos Deputados é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa o pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais: exercen a potestade lexislativa do Estado. aproban os seus orzamentos. controlan a acción do Goberno. e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.
Historia
O Congreso dos Deputados ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real de 1834, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estabeleceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.
O Estamento dos Procuradores do Reino tiña carácter electivo e unha composición que correspondía netamente á representación das Cidades e Burgos con dereito de voto nas Cortes do Antigo Réxime.
Na Constitución de 1837, aprobada como consecuencia do Motín da Granxa de San Ildefonso que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleuse por primeira vez a denominación de «Congreso dos Deputados» para a Cámara Baixa das Cortes Xerais.
Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 preservaron a configuración do Congreso dos Deputados como unha cámara de representación popular, que nalgúns casos tivo atribuída preeminencia sobre o Senado en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público e control político aos membros do Goberno.
Composición
A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
50pxComposición tralas eleccións xerais de España de xullo de 2023 Grupo parlamentario Portavoz Líder Deputados Popular senmarco|21x21px PP Ester Muñoz Alberto Núñez Feijóo 137 Socialista senmarco|20x20px PSOE: 102senmarco|20x20px PSC: 19 Patxi López Pedro Sánchez 121 VOX senmarco|22x22px Vox Pepa Millán Santiago Abascal 33 Plurinacional Sumar senmarco|25x25px Moviemento Sumar: 11senmarco|20x20px Comuns Sumar: 6senmarco|21x21px Izquierda Unida: 5senmarco|21x21px Más Madrid: 2senmarco|20x20px IdPV: 1senmarco|20x20px MÉS: 1 Verónica Martínez Yolanda Díaz 26 Republicano senmarco|20x20px ERC: 12 Gabriel Rufián 7 Junts per Catalunya senmarco|24x24px JxCAT: 7 Míriam Nogueras 7 Euskal Herria Bildu alt=|senmarco|25x25px EH Bildu: 6 Mertxe Aizpurua 6 Vasco (EAJ-PNV) alt=|senmarco|25x25px EAJ-PNV: 5 Maribel Vaquero 5 Mixto alt=|senmarco|39x39px Podemos: 4alt=|senmarco|20x20px CC: 1senmarco|22x22px BNG: 1alt=|senmarco|21x21px UPN: 1senmarco|23x23px Més-Compromís: 1Non adscrito: 1 Javier Ortega Smith (Ex membro de VOX) Ione Belarra Ione BelarraCristina ValidoNéstor RegoAlberto CatalánAgueda Micó Javier Ortega-Smith 9
Órganos +Mesa do Congreso dos DeputadosCargoTitularListaPresidenta Francina Armengol Socias PSOEVicepresidente primeiro Alfonso Rodríguez Gómez de Celis PSOEVicepresidenta segunda José Antonio Bermúdez de Castro PPVicepresidenta terceira Esther Gil de Reboleño SumarVicepresidente cuarto Marta González Vázquez PPSecretario primeiro Gerardo Pisarello Prados ECPSecretaria segunda Isaura Leal Fernández PSOESecretario terceiro Guillermo Mariscal Anaya PPSecretario cuarto María del Carmen Navarro Lacoba PP
Prerrogativas dos deputados
Os deputados, o mesmo que os senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso. A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.
Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.
Sede
O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Composición do Congreso dos Deputados de España Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Páxina Oficial do Congreso dos Deputados