A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.
Historia e características Foron creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.
Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.
A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.
Criterios de clasificación O establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.
Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:
NivelPoboación máximaPoboación mínimaNUTS 17.000.0003.000.000NUTS 23.000.000800.000NUTS 3800.000150.000
Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.
Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.
Modelo de división europea por NUTS miniatura|300px|NUTS-1 miniatura|300px|NUTS-2 miniatura|300px|NUTS-3 Estado NUTS-1 NUTS-2 NUTS-3 EU-27 - 97 - 271 - 1303AlemañaDEEstados Federados 16Rexións¹ 41Distritos 439AustriaATGrupos de estados* 3Estados federados 9Grupos de Distritos* 35BélxicaBERexións 3Provincias 11Distritos 43BulgariaBGRexións económicas 2Rexións de planeamento 6Provincias 28República ChecaCZ 1Grupos de Distritos* 8Distritos 14ChipreCY 1 1 1DinamarcaDK 1 1Distritos 15EslovaquiaSK 1Grupos de Distritos* 4Distritos 8EsloveniaSI 1 1Rexións 12EspañaES Grupo de Comunidades Autónomas* 7Comunidades Autónomas 17Provincias 50Ceuta e Melilla 2 2EstoniaEE 1 1Grupos de Distritos* 5 Finlandia FIFinlandia continental 1Grandes áreas* 4Rexións 19Åland 1 1 1 Francia FRGrupos de Rexións* 8Rexións 22Departamentos 96Territorios de Ultramar 1Departamentos de Ultramar 4Departamentos de Ultramar 4GreciaGRRexións* 4Periferias 13Prefecturas 51HungríaHUGrupos de Rexións* 3Rexións² 7Condados + Budapest 20IrlandaIE 1Rexións* 2Grupos de Condados* 8ItaliaITGrupos de rexións* 5Rexións 20Provincias 110LetoniaLV 1 1Grupos de Distritos* 6LituaniaLT 1 1Distritos 10LuxemburgoLU 1 1 1MaltaMT 1 1Illas 2Países BaixosNLRexións* 4Provincias 12Grupos de municipios* 40PoloniaPLGrupos de Voivodatos* 6Voivodatos 16Grupos de Distritos* 45PortugalPTPortugal Continental 1Rexións 5Grupos de Municipios* 30Azores e Madeira 2 2 2 Reino Unido UKRexións de Inglaterra 9Grupos de Condados* 30Grupos de Distritos* 93Gales 1Rexións* 2Grupos de condados* 12Escocia 1Rexións* 4Grupos de Condados* 23Irlanda do Norte 1 1Grupos de Distritos* 5RomaníaROMacrorrexións 4Rexións 8Condados + Bucarest 42SueciaSE 1Rexións* 8Provincias 21 Candidatos - 15 - 31 - 112CroaciaHR 1Rexións 3Condados 21IslandiaIS 1 1 2Macedonia do NorteMK 1 1 8TurquíaTRRexións 12Subrexións 26Provincias 81 EFTA - 3 - 15 - 46LiechtensteinLI 1 1 1NoruegaNO 1Rexións 7Condados 19SuízaCH 1Rexións 7Cantóns 26
(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.
(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades 22 Distritos administrativos (Regierungsbezirke) en 5 Estados federados: Baviera, Baden-Württemberg, Hesse, Renania do Norte-Westfalia e Saxonia 10 Distritos administrativos noutros 3 Estados federados: Baixa Saxonia, Renania-Palatinado e Saxonia-Anhalt. 2 en Brandeburgo (rexión occidental e oriental), sen efecto administrativo ningún. 7 Estados federados restantes.
(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.
Véxase tamén Ligazóns externas mapa - mapa de Portugal cos NUTS III Regulamento (CE) nº 105/2007 da Comisión, de 1 de febreiro de 2007 - NUTS na Unión Europea
Categoría:Estatística Categoría:Xeografía Categoría:Unión Europea