"From Yesterday" é o terceiro single lanzado pola banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum, "A Beautiful Lie".

Lista de temas

CD (Estados Unidos de América)

# Título Duración 1. "From Yesterday" (Radio Edit) 3:52 2. "The Story" (Live @ AOL Sessions Under Cover) 3:59

CD (Gran Bretaña)

# Título Duración 1. "From Yesterday" (Radio Edit) 3:52 2. "Stronger" (Radio 1 Live) 6:01 3. "From Yesterday" full directors cut video 13:40

Vídeo musical

Jared Leto dixo que o vídeo de “From Yesterday” foi dirixido por un home danés e albino chamado Bartholomew Cubbins, inspirado no período da dinastía da China. Isto simplemente foi unha broma de Cubbins, xa que dita persoa e o protagonista do libro de Dr Seuss, “The 500 Hats of Bartholomew Cubbins”. Porén, algunhas páxinas aínda lle atribúen a Cubbins a dirección. É o primeiro vídeo de música dunha banda de rock estadounidense completamente rodado na República China. Tamén é considerado o vídeo máis caro da historia, cun custo de produción a redor de 13 millóns de dólares, superando en varios millóns de dólares a Michael e Janet Jackson no seu vídeo "Scream/Childhood".

Filmouse coa participación de mil soldados sostendo bandeiras o comezo do vídeo. O mesmo comeza cun neno pequeno, presumiblemente o emperador, onde lle preguntan que é o que desexa para o seu aniversario. Simplemente responde “The Sound of Tomorrow” (“O Son do Mañán”). A acción vaise a unha habitación onde están os membros da banda. Unha muller entra e avisaos de que xa é o momento. Guíaos á entrada do vestíbulo, e desaparece. Os membros camiñan cara ao final do mesmo, onde intentan abrir a porta, mais non poden. As luces apáganse.

Noutra escena, a banda camiña a través de portas enormes, e logo entre soldados. Mentres camiñan, Jared pode ver a unha muller con máscara branca camiñando xunto a eles, pero por fora da multitude de soldados, os cales non poden vela. Son guiados cara ao vestíbulo onde se encontra o emperador, onde lles entregan uns pergamiños. Jared pregúntalle a Shannon Leto, o seu irmán: “This is a gift?” (¿Isto é un regalo?). Cada un deles é conducido a un lugar diferente do reino, onde se encontran con moitas das tradicións chinesas:

Matt Wachter encóntrase a un home golpeándose cun látego. Tomo Milicevic encóntrase unha muller morta recostada nunha cama, onde proceden a poñerlle na boca unha pequena bola negra. Shannon ve a un home adulto ao que lle daba de mamar súa nai, ou a esposa. Jared camiña cara a un grupo de homes que están sacrificando a tres mulleres novas.

Tras isto, móstrase a banda vestíndose coa armadura tradicional chinesa. Máis tarde encóntranse para un duelo contra catro homes vestidos iguais que eles. O final do vídeo, os membros da banda loitan contra os outros individuos. Só catro sobreviven, e están a punto de degolarse. Lentamente, cos primeiros acordes da canción "A Beautiful Lie"” de fondo, retíranse as máscaras e se ve que os catro membros da banda están vivos.

Posición nas listas

AnoListaMáximaposición2007U.S. Billboard Hot 100762007U.S. Billboard Hot 100 U.S. Billboard Hot 100 - Segunda referencia752007Modern Rock Tracks12007U.S. Billboard Hot Mainstream Rock Tracks112007U.S. Billboard 2007 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs72007U.S. Billboard Hot Videoclip Tracks252007Lista de sinxelos de AustraliaLista de singles de Australia332007Lista de sinxelos de Nova ZelandiaLista de singles de Nova Zelandia132007Lista alemá de sinxelosLista alemana de singles722007Lista austríaca de sinxelosLista austriaca de singles532007Lista italiana de sinxelosLista italiana de singles362007Lista portuguesa de sinxelosLista portuguesa de singles172007Lista holandesa de sinxelos82007World Modern Rock Top 30 Singles112008Lista mexicana de sinxelos312008Lista de sinxelos de Gran Bretaña (reedición)Lista de singles de Gran Bretaña372008Latvian Airplay Top 50 Latvian Airplay Top 501

Notas

Categoría:Sinxelos de 2007 Categoría:Cancións de 30 Seconds to Mars