O Exército Verde, activo durante a guerra civil rusa, tivo as súas orixes en movementos nacionalistas, e constituía unha terceira forza distinguida do Exército Vermello e o Movemento Branco, que non se debe confundir co Exército Negro.
A guerra foi especialmente cruenta no sur de Rusia e en Ucraína, onde a liña da fronte se desprazaba con frecuencia, alterando a vida civil. A cifra estimada de vítimas acada os sete millóns.
Os continxentes máis grandes do Exército Verde foron as bandas de Ataman Grigoriev e o exército procomunista Kuban-Mar Negro (chamado tamén Exército Vermello-verde), con aproximadamente 15.000 tropas cada un, que loitaron contra o Exército Ruso de Voluntarios do xeneral Anton Ivanovich Denikin en 1919. Grupos paramilitares en Crimea uníronse en 1920 formando o Exército Rebelde de Crimea, que loitou xunto ó Exército Vermello contra o barón Wrangel.
A finais de 1920, os verdes disolvéronse: algúns para formar parte do Exército Vermello, e outros para unirse ó Exército Branco (os branquiverdes).
Véxase tamén
Nestor Makhno Exército Negro Movemento Branco
Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20071026102824/http://www.uea.ac.uk/his/webcours/russia/documents/srs-7-19.shtml https://web.archive.org/web/20090125004757/http://civilwar.org.ru/11.shtml
Categoría:Anticomunismo Categoría:Historia de Rusia