"The Kill" é o segundo single da banda americana 30 Seconds to Mars do seu segundo álbum "A Beautiful Lie". Jared Leto, o cantante da banda, describiu o significado da canción: "É, en realidade, sobre unha relación contigo mesmo. É sobre enfrontar os teus medos e enfrontarte a quen es en verdade". Tamén dixo que trata sobre "confrontacións como rutas que se cruzan" – verse a un mesmo como é en realidade.

Dende setembro de 2007, "The Kill" foi relanzado de novo en Gran Bretaña para axudar a que a canción seguise saíndo nas listas. Actualmente esta dispoñible en CD cun póster de "A Beautiful Lie" e dous adhesivos, e unha versión especial en vinilo de 7”. A canción foi utilizada como un dos temas de The Invisible.

Lista de temas

CD (estándar)

# Título Duración 1. "The Kill" 3:52 2. "Attack" (Live at CGBG, xullo de 2006) 4:06 3. "The Kill" (Acoustic, Live on VH1) 3:48

CD (versión para Gran Bretaña)

# Título Duración 1. "The Kill" - 3:52 2. "The Kill" (Acoustic, Live on VH1) 3:48

CD (reedición para Gran Bretaña)

# Título Duración 1. "The Kill" 3:52 2. "Was It a Dream?" (iTunes Live Session) 3:46

Vídeo musical

O vídeo musical trata sobre a banda que explora o hotel onde se aloxan. O dono do hotel deixa dito nunha carta que “se divirtan pero que se manteñan fora da habitación 6277”. A banda non obedece a advertencia e entran na habitación. Inmediatamente cada un dos integrantes comeza a experimentar os efectos da habitación – encóntranse cunha versión deles mesmos pero vestidos de smóking. Estas versións tocan no salón do hotel en fronte de clons tamén vestidos elegantemente.

Baseándose na película americana "O resplandor", varias escenas se asemellan con partes da película, como cando:

Shannon Leto entra na habitación 6277 e se encontra cunha muller nun baño. Unha aparición sérvelle uns tragos a Matt Watcher. Tomo Milicevic séntase nunha cama e un home vestido de oso lle practica sexo oral.

Ademais, ambas obra rematan nun salón de danza elegante.

Outros datos

"The Kill" figurou no episodio “Primed” da serie "Without a Trace" o 21 de xaneiro de 2007. O 31 de agosto de 2006, a banda gañou o premio MTV2 por “The Kill” nos MTV Video Music Awards. Era unha dos seus dous nomeamentos, o segundo era polo mellor vídeo rock, que perderon contra o vídeo Miss Murder de AFI. O número 6277 é o número da habitación porque significa Mars nun teléfono. O número tamén aparece no vídeo "From Yesterday". "The Kill" foi premiado como mellor vídeo do ano e mellor vídeo rock nos MTV Australia Video Music Awards. "The Kill (Bury Me)" foi seleccionado como o segundo mellor vídeo de 2006, perdendo contra "Saving Me" de Nickelback. Durante os MTV Movie Awards de 2007, "The Kill" foi tocado de fondo nun clip para a presentación da película 300 como mellor película.

Posición nas listas

AnoListaMáxima posición2006U.S. Billboard Hot 100652006Mainstream Rock Tracks142006Modern Rock Tracks32006U.S. Billboard Hot Digital Songs532006Billboard European Hot 100 Singles802006U.S. Billboard 2006 Year-End Chart: Hot Modern Rock Songs32006Lista de sinxelos de Gran Bretaña642006World Modern Rock Top 30 Singles222007U.S. Billboard Hot 100 Recurrent Airplay132007U.S. Billboard Hot Adult Top 40 Tracks252007U.S. Billboard Hot Singles Recurrents172007U.S. Billboard Top 40 Mainstream302007Brazil Hot 100162007Lista de sinxelos de Chile62007Lista de sinxelos de Gran Bretaña (reedición)282007Lista de sinxelos de Portugal16

Véxase tamén Ligazóns externas Videoclip en stream dispoñible grazas a Virgin. thirtysecondstomars reprodutor oficial de The Kill/Attack. Páxina oficial de 30 Seconds to Mars ABeautifulLie.org

Notas

Categoría:Sinxelos de 2006 Categoría:Cancións de 30 Seconds to Mars