miniatura|Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche en 1900 miniatura|Mosaico interior representando a Guillerme II e a súa dona Augusta Victoria A igrexa evanxélica luterana Kaiser-Wilhelm-Gedächtniskirche (igrexa en lembranza do emperador Guillerme), coloquialmente coñecida como Gedächtniskirche (igrexa da lembranza), atópase na praza Breitscheidplatz, xunto á avenida de Kurfürstendamm en Charlottenburgo-Berlín (preto do lado suroccidental do Tiergarten).
Despois de ser esnaquizada durante a segunda guerra mundial, conservouse en estado de ruína como memorial. Os restos da igrexa están clasificados como monumento protexido.
Historia
O emperador Guillerme II doou a construción do monumento relixioso para honrar ao seu avó Guillerme I.
Durante a segunda guerra mundial foi bombardeada polos Aliados na Batalla de Berlín.
Arquitectura
A igrexa construíuse entre 1891 e 1895 de acordo aos planos de Franz Schwechten, cun estilo arquitectónico neorrománico segundo o modelo de diversas igrexas románicas de Renania, en especial á catedral de Bonn, de estilo románico tardío, e situada en Bonn. O edificio orixinal causaba grande impresión polas súas cinco torres. A torre principal acadaba os 133 metros, sendo a máis alta da cidade. No seu interior, mosaicos de gran valor lembraban a vida e fazañas do emperador Guillerme I.
Monumento
Pensouse construír dentro das ruínas da igrexa demolida polos bombardeos unha igrexa de cristal. Pero tras un concurso, elixiuse a idea do arquitecto Egon Eiermann, quen propuxo un compendio entre a ruína e unha construción moderna. Mantívose así a ruína da torre, dunha altura de 68 metros, asegurada arquitectonicamente, como monumento conmemorativo contra a guerra, rodeada por un conxunto de catro partes que se construíron entre 1951 e 1961.
As paredes das novas salas da igrexa caracterízanse por ter máis de 20.000 cristais coloreados que mergullan o interior nunha luz azulada. Á parte diso, a construción de dobre parede illa o interior do ruído do tráfico das proximidades.
Notas
Véxase tamén Berlín Occidental Catedral de Coventry Remodelación de Berlín
Ligazóns externas
gedaechtniskirche-berlin.de
Categoría:Atraccións turísticas de Berlín Kaiser_Wilhelm