Santa María de Chandrexa de Sil é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 73 habitantes (42 homes e 31 mulleres).
Xeografía A parroquia de Chandrexa sitúase no extremo oeste do concello de Parada de Sil e fai fronteira norte da provincia de Ourense. En todo o seu bordo setentrional dá ao río Sil, que a separa da provincia de Lugo e das terras de Sober. As súas terras están situadas en zonas de moita pendente, de entre os 700 m na parte sur da parroquia ata os 200 m na norte, xusto cando chega ao nivel do río. Con todo, os principais núcleos habitados atópanse entre os 450 e os 500 metros sobre o nivel do mar.
Demografía
Economía Malia o agudo descenso de poboación que a parroquia sufriu durante a segunda metade do século XX, nos últimos trinta anos pasou a se converter nun dos máis coñecidos polos de atracción turística da Ribeira Sacra ourensá. Ademais, conserva a súa tradicional produción de castañas e tamén a produción de viño.
Lugares e parroquias Lugares de Chandrexa
Parroquias de Parada de Sil
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Parada de Sil
Categoría:Parroquias de Parada de Sil Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María