San Lourenzo de Barxacova é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 16 habitantes (9 homes e 7 mulleres).

Demografía

Patrimonio Na parroquia situábase o conxunto da capela e necrópole de San Vítor de Barxacova. Na aldea de San Lourenzo está o lugar da Torre, onde se conservan restos dunha casa coñecida como A Fortaleza, cun escudo do século XVI. Pouco máis abaixo hai unha construción que na idade media acolleu un priorado adicado a Santo Adrián, que conserva ventás góticas.

A igrexa parroquial é de feitura barroca popular. No adro consérvase unha pedra cunha inscrición gótica.

A Fábrica da Luz é unha construción de comezos do século XX, unha antiga central hidroeléctrica que aproveitaba as augas do río Mao, reconvertida en albergue.

Lugares e parroquias Lugares de San Lourenzo de Barxacova

Parroquias de Parada de Sil

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Parada de Sil

Categoría:Parroquias de Parada de Sil Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo