Santa María de Ansemil é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2022 tiña 86 habitantes (40 homes e 46 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano 2021.
Xeografía É un claro exemplo de dispersión xeográfica minifundista, formada por varias aldeas que teñen á parroquia como vínculo de unión. O minifundio levou consigo o abandono das terras de cultivo, polo que actualmente apenas resisten algúns rabaños de ovellas basicamente para o autoconsumo. É salientable este desaproveitamento que se fai das terras de labradío xa que é unha zona moi fértil ó abundar as fontes e os regatos. Ademais o río Orille discorre polo leste da parroquia formando unha fronteira natural co concello da Bola.
Economía A súa maior actividade económica céntrase no polígono industrial de Celanova situado ó carón da aldea da Lama. Nel destaca a venda e mecánica de automóbiles, os almacéns de alimentos e a manufactura de coellos. Na parroquia tamén existen outras actividades económicas como son a avicultura, a carpintería e a venda de materiais da construción. Por último tamén é de destacar a rehabilitación da reitoral de Ansemil como casa rural sendo unha das poucas ofertas de hospedaxe do concello de Celanova.
Festas As festas patronais son o 15 de agosto mais a súa celebración varía uns días pola coincidencia coas festas de San Roque do concello de Celanova.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Ansemil
Parroquias de Celanova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Celanova
Categoría:Parroquias de Celanova Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María