Santa Cristina de Freixo é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 139 habitantes (60 homes e 79 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.
Na parroquia está a ponte do Freixo, sobre o río Arnoia, construción romana declarada Monumento Histórico-Artístico.
Ademais encóntranse uns petróglifos datados de épocas anteriores dignos de ser observados. Contan con toda unha ruta ata eles. Foron descubertos anos atrás pola xente da parroquia pero non foi ata hai uns anos cando un cazador se decidiu a darlle visibilidade facendo que o propio concello crease unha ruta ata eles.
Lugares e parroquias Lugares de Freixo
Parroquias de Celanova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Celanova
Categoría:Parroquias de Celanova Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina