Este artigo trata sobre o primeiro Presidente dos Estados Unidos, para o artigo sobre o inventor véxase George Washington (inventor). miniatura|Washington cruza o Delaware. George Washington /AFI|ˌdʒɔɹdʒ ˈwɑʃiŋtən/, nado en Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia (América británica) o 22 de febreiro de 1732 e finado en Mount Vernon, Virxinia (Estados Unidos) en 1799O nacemento e morte de Washington danse utilizando o Calendario gregoriano. Con todo, naceu cando nas colonias británicas se utilizaba o Calendario Xuliano, e nos rexistros contemporáneos figura o 11 de febreiro de 1731. O novo calendario foi aprobado en 1750, e implantado o 1 de xaneiro do 1752, alterando o método de datación ao calendario oficial británico Calendario gregoriano., foi o primeiro presidente dos Estados Unidos entre 1789 e 1797Nos Artigos de Confederación, o Congreso chamou ao seu presidente "Presidente dos Estados Unidos reunidos en Congreso". El non tiña poderes executivos, pero a similitude dos títulos confundiu á xente a pensar que houbo outros presidentes antes de Washington. Merrill Jensen, The Articles of Confederation (1959), 178-9. e Comandante en Xefe do Exército Continental revolucionario na Guerra da Independencia dos Estados Unidos (1775-1783). Nos Estados Unidos está considerado como o Pai da Patria, e mais como un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos xunto con John Adams, Benjamin Franklin, Alexander Hamilton, John Jay, Thomas Jefferson e James Madison.
Traxectoria Infancia e xuventude Naceu en Pope's Creek, preto da actual Colonial Beach no Condado de Westmoreland (Virxinia), no seo dunha familia procedente de Sulgrave (Inglaterra), emigrando o seu bisavó, John Washington, a Virxinia en 1657. Foi o primeiro fillo de Augustine Washington e a súa segunda esposa, Mary Ball Washington. Seu pai tivera catro fillos coa súa primeira muller, Jane Butler, dous morreron, sobrevivindo Lawrence (1718) e Augustine (1720).
Augustine Washington tiña unha plantación traballada por escravos, aínda que despois diversificouse coa extracción de ferro, sendo os Washington durante a xuventude de George membros moderadamente prósperos da aristocracia de Virxinia. Aos seis anos George foi trasladado a Ferry Farm, no condado de Stafford, sendo educado na súa casa polo seu pai e irmán máis vello. O seu pai, Augustine Washingtong, morreu cando George tiña once anos de idade, a partir de entón foi Lawrence Washington, o seu medio irmán, quen asumiu o papel paterno, axudado polo seu propio padrasto, William Fairfax, membro da poderosa familia Fairfax, quen tamén tivo un papel importante na educación de George Washington.
Washington tivo pouca educación formal, no seu lugar foi formado coma agrimensor, adquirindo coñecementos sobre a contorna da súa colonia natal en Virxinia. Ao mesmo tempo a pertenza do seu irmán máis vello á familia Fairfax deulle o patrocinio de Thomas Fairfax, sexto Lord Fairfax de Cameron e propietario de Northern Neck, unha plantación cunha extensión de cinco millóns de acres, e o seu primo William Fairfax, membro do Consello do Gobernador.
A finais de xullo de 1749, trala creación da nova cidade de Alexandria ao longo do río Potomac, e á idade de 17 anos, foi nomeado primeiro agrimensor do recentemente creado Condado de Culpeper, no interior da colonia. Este traballo ben remunerado permitiulle mercar terras no val de Shenandoah, a primeira de moitas adquisicións futuras. Emprendeu entón a súa carreira coma terratenente, sendo definido no seu momento coma unha persoa que tiña vinte escravos ou máis. En 1748 foi convidado para axudar ao peritaxe das terras de Lord Fairfax ao oeste da Cordilleira Azul e a través do seu medio irmán Lawrence tamén traballou para a Compañía de Ohio, que tiña coma fin explotar as terras do oeste.
En 1751, George e Lawrence Washington viaxaron a Barbados, coa esperanza de que o clima beneficiara ao maior dos irmáns, que padecía tuberculose, porén non só este non mellorou senón que George contaxiouse da varíola, deixándolle na cara múltiples cicatrices, así volveron a Mount Vernon, onde Lawrence morreu en 1752. Esta foi a única vez que George Washington viaxou fora do que hoxe son os Estados Unidos.
Despois da morte de Lawrence, George fíxose cargo da parte da súa herdanza e asumiu algunhas das funcións deste coma axudante da colonia. A finais dese mesmo ano o recentemente nomeado gobernador de Virxinia, Robert Dinwiddie, dividiu o mando da milicia estatal en catro rexións e George solicitou un dos mandos, co rango de Maior. Ese mesmo ano foi nomeado axudante xeral da milicia de Virxinia, encargado da formación da milicia no barrio que se lle asignara. Aos 21 anos, en Fredericksburg, Washington converteuse en Maestre da Francmasonería, organización fraternal que mantería unha longa e poderosa influencia.
En decembro de 1753 o gobernador Dinwiddie encargoulle levar un ultimato británico aos canadenses franceses na fronteira de Ohio. Washington avaliou a forza militar francesa e entregou a mensaxe en Fort Le Boeuf en Waterford, Pensilvania. A mensaxe, na que se instaba aos franco-canadenses a abandonar o seu avance en Ohio, non foi atendida, porén o informe de George sobre o asunto foi moi comentado a ambos lados do Atlántico.
Guerra Franco-Indíxena
miniatura|Washington como coronel do Rexemento de Virxinia en 1772 por Charles Willson Peale.
En 1754, Dinwiddie nomeou a Washington tenente coronel e ordenoulle que realizase unha expedición a Fort Duquesne para expulsar aos canadenses franceses. Cos seus aliados indios americanos dirixidos por Tanacharison, Washington e as súas tropas emboscaron a un grupo expedicionario franco-canadense duns 30 homes, liderado por Joseph Coulon de Jumonville, na que se coñeceu como Batalla de Jumonville Glen.Anderson, Fred. Crucible of War (Vintage Books, 2001), p. 6. Unha forza franco-canadense e india mellor situada derrubou a Washington e as súas tropas na fortaleza, na que se chamou batalla de Great Meadows, dando lugar á rendición militar de Washington. Os termos da rendición incluían unha declaración na que Washington recoñecía asasinar a Jumonville despois da emboscada. Washington non sabía ler en francés, e, sen darse conta do que recoñecía, asinou co seu nome.Lengel, p. 48. Liberado polos franceses, Washington volveu a Virxinia, onde foi eximido de culpa pola derrota, pero renunciou ao seu cargo porque non lle gustaba a nova disposición da Milicia de Virxinia.
En 1755, Washington foi axudante do xeneral británico Edward Braddock na Expedición Braddock. Esta expedición baseábase nun grande esforzo por retomar o país de Ohio. Braddock morreu na batalla do río Monongahela e a expedición terminou en desastre, Washington distinguiuse como o Heroe da Monongahela.Shy John, Numerous and Armed: Reflections on the Military Struggle for American Independence (1990) p. 39; Douglas Edward Leach. Roots of Conflict: British Armed Forces and Colonial Americans, 1677–1763 (1986) p. 106; e John Ferling. Setting the World Ablaze: Washington, Adams, Jefferson, and the American Revolution (2002) p. 65 O papel de Washington durante a batalla foi obxecto de debate. O biógrafo Joseph Ellis afirma que Washington montou dun lado a outro do campo de batalla, unindo aos restos das forzas británicas e virxinianas a un repregamento táctico.Joseph J. Ellis|Ellis, Joseph J. His Excellency: George Washington. (2004) ISBN 1-4000-4031-0. Por mor desta acción, a Washington déuselle o mando dunha fronteira difícil das montañas de Virxinia, e foi recompensado ao ser ascendido a coronel e nomeado comandante de todas as forzas de Virxinia.
En 1758, Washington participou como Xeral de Brigada na expedición Forbes que levou á evacuación dos franceses de Fort Duquesne, e o establecemento británico de Pittsburgh. Despois, Washington renunciou ao servizo militar activo e pasou os seguintes dezaseis anos como terratenente e político de Virxinia.Sobre as críticas á excesiva ambición de Washington e as súas derrotas, véxase Bernhard Knollenberg, George Washington: The Virginia Period, 1732-1775 (1964) e Thomas A. Lewis, For King and Country: The Maturing of George Washington, 1748-1760 (1992).
Milicia fronte a exército regular Como oficial da milicia colonial, aínda que de alto rango, Washington era moi consciente da diferenza entre os oficiais da milicia e do Exército británico regular. O seu irmán máis vello Lawrence tivera a sorte de recibir un mando no exército británico, como capitán de infantaría, no verán de 1740, cando o exército británico expuxo un novo rexemento (o 61º Rexemento a pé, coñecido como "Rexemento Americano de Gooch") nas colonias, para prestar servizo nas Indias Occidentais durante a guerra do Asento.O mando do capitán Lawrence Washington, asinado polo rei Xurxo II, e concedido polo gobernador de Virxinia, William Gooch o 10 de xullo de 1740, sobrevive nos arquivos de Mount Vernon, documento W-734Chartrand & Rickman, Colonial American Troops, 1610–1774 (Vol.1) (Osprey Publishing: 2002) p. 45. A cada colonia permitíuselle designar ós seus propios oficiais de compañía, capitáns e tenentes, e o coronel William Blakeney distribuíunos asinando as ordes a diversos gobernadores.Leach, Douglas. Roots of Conflict: British Armed Forces and Colonial Americans, 1677–1763 (University of North Carolina Press:1986) p. 50. ISBN 0-8078-4258-3 Quince anos despois, cando o xeneral Braddock chegou a Virxinia en 1755 con dous rexementos de regulares (o 44 º e 48º de a pé), Washington tratou de obter un mando, pero non estaban dispoñibles para a súa compra.Bruce, Anthony. The Purchase System in the British Army, 1660-1871 (London:1980, Royal Historical Society) ISBN 0901050571 No canto de servir como tenente coronel da milicia, onde superou de categoría a moitos oficiais novos dos regulares, Washington optou por servir a título privado como axudante de campo do xeneral. Como axudante, podía mandar soldados regulares británicos.Rasmussen & Tilton. George Washington: The Man Behind the Myths. (University Press of Virginia: 1999) p. 57. ISBN 0-8139-1900-2 Trala derrota de Braddock, o Parlamento británico decidiu en novembro de 1755 crear un novo "Real Rexemento de América de a Pé", máis tarde chamado Real Corpo de Tiradores do Rei. A diferenza do anterior "Rexemento de América" de 1740-1742, todos os oficiais foron contratados en Inglaterra e en Europa a principios de 1756.
Mount Vernon
miniatura|Martha Washington de nova, baseado nun retrato de 1757 por John Wollaston. miniatura|Mount Vernon, plantación de Washington. O 6 de xaneiro de 1759, Washington casou coa viúva Martha Dandridge Custis. As cartas que sobreviviron suxiren que el puido estar namorado á vez de Sally Fairfax, a esposa dun amigo. Algúns historiadores cren que George e Martha eran parentes afastados.
Con todo, George e Martha tiveron un bo matrimonio, e xuntos criaron aos seus dous fillos do seu matrimonio anterior, John Parke Custis e Martha Parke Custis, cariñosamente chamados "Jackie" e "Patsy" pola familia. Máis tarde, os Washington acolleron a dous dos netos da señora de Washington, Eleanor Parke Custis e George Washington Parke Custis. George e Martha nunca tiveron fillos xuntos, xa que George tivo varíola á idade de 19 anosGarance Franke-Ruta, "George Washington's Bioterrorism Strategy" http://www.washingtonmonthly.com/features/2001/0112.franke-ruta.html (posiblemente seguida por tuberculose) e puido facelo estéril. A parella de recentemente casados trasladouse a Mount Vernon, preto de Alexandría, onde Washington dedicouse á vida de terratenente e político.