"In da Club" é unha canción de hip hop do rapeiro 50 Cent do seu primeiro álbum comercial Get Richo or Die Tryin’. A canción foi producida por Dr. Dre coa coprodución de Mike Elizondo. 50 Cent, Dr. Dre, e Elizondo tamén escribiron a canción. A mesma foi lanzada a finais de 2002 como o principal single do álbum e foi ben recibido polos críticos musicais.
"In da Club" converteuse no primeiro single en alcanzar a primeira posición nas listas de 50 Cent e foi unha das cancións máis populares de 2003 despois de alcanzar a primeira posición en Estados Unidos e poñerse no Top 5 da maioría das listas europeas. Na cuadraxésima sexta edición dos Grammy, foi nomeada como mellor canción de rap e mellor canción de rapeiro solista.
Información Despois de que 50 Cent fose descuberto por Eminem en 2002, foi invitado a voar aos Ánxeles onde coñeceu a Dr. Dre.Touré (3 de abril, 2003). The Life of a Hunted Man . Rolling Stone. 50 Cent gravou sete cancións en cinco días con Dr. Dre, sendo "In da Club" a primeira en ser gravada.
A produción fora dada orixinalmente ó grupo de hip hop D12, pero foi pasada a 50 Cent."All Eyes on 50 Cent: The Sequel" (2005). Especial de televisión de MTV. 50 Cent gravou a canción tendo presente unicamente o golpe de percusión. Como moito do contido de Get Richo r Die Tryin’ fora escuro, quixo escribir material que fora "completamente oposto". Chamou a canción unha "celebración da vida. Cada día é relevante debido a que é o aniversario de alguén"Kondo, Toshitaka (26 de setembro, 2007). 50 Cent on the Record . Rhapsody.
Controversia En xaneiro de 2006, 50 Cent foi demandado por piratería polo antigo representante de 2 Live Crew, Joe Weinberger, que mantén os dereitos do catálogo do grupo. Este argumentou que 50 Cent plaxiou a letra de "It’s your Birthday" de Luther Campbell, cantante de 2 Live Crew, correspondente ó seu álbum de 1994 Still a Freak for Life. O xuízo foi desestimado polo xuíz federal Pal Huck, quen ditaminou que a frase é un "elemento da canción común, pouco orixinal e que non pode ter dereitos de autor"
Lista de temas CD single # Título 1. "In da Club" (clean) 2. "In da Club" (explicit) 3. "Wanksta"
CD single (Australia)
# Título 1. "In da Club" 2. "Wanksta" 3. "In da Club" (instrumental) 4. "In da Club" (canción multimedia) 5. "Wanksta" (canción multimedia)
Posición nas listas
ListaMáxima posiciónLista de sinxelos de Australia1Lista de sinxelos de Austria3Lista de sinxelos de Bélxica2Lista de sinxelos do Canadá1Lista de sinxelos de Francia16Lista de sinxelos de Alemaña1Lista de sinxelos de Grecia3Lista de sinxelos de Irlanda1Lista de sinxelos de Nova Zelandia1Lista de sinxelos de Noruega3Lista de sinxelos de UK Singles Chart3United World Chart1U.S. Billboard Hot 1001U.S. Billboard Top 40 Tracks1U.S. Billboard Hot R&B/Hip-Hop Songs1U.S. Billboard Hot Rap Tracks1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de 50 Cent Letras de "In da Club" Videoclip en Youtube
Categoría:Sinxelos de 2002 Categoría:Composicións musicais de hip hop