miniatura|Madeirudo (Boletus edulis), fungo comestible miniatura|Rebentabois (Amanita muscaria), fungo velenoso cuxa inxestión pode producir a morte
A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
Terminoloxía tradicional na lexicografía galega O que aparece no DRAG son maioritariamente expresións monolexicais para grupos supraespecíficos, tanto cultismos (amanita, cantarelo, lepiota, penicilio, volvaria e asperxilo), como máis patrimoniais (boleto, cacabina, champiñón, peido de lobo ou fungón e trufa), como un sinónimo de cada tipo (agárico ou cogorda).
Hai porén denominacións para especies, como níscaro (Lactarius deliciosus), a manita (Clavaria crispa), o carallán (Phallus impudicus), o tortullo (Tricholoma portentosum), e o chouparro, choupín ou roco (Macrolepiota procera), que pode ser cogordo ou cerrote se ten o sombreiro pechado ou patamela se está aberto.
Respecto ós fungos patóxenos que non crean cogomelos, están representados especialmente os que atacan a viña e os cereais: a mera; o oídio; o mildio; o borro; a potra; o cisco, morrión ou mourón; e o caruncho, cornizó ou dentón.
Nos outros repertorios non académicos, están entre outras moitas as seguintes locucións: corno dos mortos (DGII, s. v. corno) para Craterellus sp. dente de can (DE, s. v. dente) para o cornizó, Claviceps purpurea hernia da col (DGII, s. v. hernia) para Plasmodiophora brassicae lingua de boi (DGII, s. v. lingua) para Fistulina hepatica lingua de ovella (DGII, s. v. lingua) para Hydnum repandum, Sarcodon imbricatum e Pseudohydnum gelatinosum ollo de galo (DGII, s. v. ollo) para Mycena citricolor ovo de raposa (GDXL, s. v. ovo) pan de bobo (DE, s. v. pam) pan de raposo (DE, s. v. pam) pan de sapo (DE, s. v. pam) pé azul (DGII, s. v. pé) para Tricolomataceae spp. pé de rata (DGII, s. v. pé) para Basidiomicetae spp. pedra do trigo (GDXL, s. v. pedra) pementa do monte (DGII, s. v. pementa) para Agaricales spp. pementeiro veludo (DGII, s. v. pementeiro) para Russula sp. (pode ser a netorra) onde (DE) = Dicionário Estravíz ; (DGII) = Dicionario Galego de Ir Indo en digalego.com; e (GDXL) = Gran Dicionario Xerais da Lingua de 2000.
Locucións ter fungos: ter mal carácter (DE, s.v. fungo) crecer coma fungos: medrar por todas partes ser un funga na cinza (posiblemente de fungar): ser pouco decidido, con pouco valor ou ánimo, facilmente manipulable (DCEFFG, s. n. 73)
Refraneiro popular A maioría dos refráns galegos fan referencia ó perigo que ten a inxestión de fungos se non se ten un coñecemento axeitado sobre micoloxía.
Cando fales dos cogomelos, fala dos malos e non terás preitos cos aconsellados Falar pouco, e mal, se de fungos tes que falar Vale máis fungo perdido que comido Fungo regalado con discreción tiralo Cogomelo murchado, xa rexeitado O que de cogomelos se farta, non lle ten medo a morte O fungo bo, pronto deixa de selo Se queres morrer, ás cegas fungos coller Dun erro, faise un enterro O peor do erro é o enterro Moito tes que saber para cogomelos comer Comer cogomelos con aprehensión, fanche dano anque sexan bos Orellos, cuncos e pantorras, escaldas pra que non morrasO nome popular galego da Helvella monachela, Helvella sulcata e maila Helvella crispa é orello, a Sascosphaera coronaria é chamada cunco, e as Morchellas, son as pantorras. Este refrán fai referencia a que xa dende antigo se sabía no rural que a primeira auga destes cogomelos debíase tirar, xa que son tóxicos cando crus. Extraído de http://www.valdeorras.com/micologia
Notas
Véxase tamén Bibliografía RUÍZ LEIVAS, Cristovo, e EIROA GARCÍA-GARAVAL, Juan A.: "Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2002, px. 363-379.
cogomelos