Santa Mariña de Rioseco é unha parroquia do concello ourensán de Calvos de Randín na comarca da Limia. En 2007 tiña 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres), 10 menos ca en 2000. Ten tres entidades de poboación.

Rioseco na literatura popular galega A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.. As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.. As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.. As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas . As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.. Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín..

Lugares e parroquias Lugares de Rioseco

Parroquias de Calvos de Randín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Calvos de Randín

Categoría:Parroquias de Calvos de Randín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña