Este artigo trata da interferencia lingüística do portugués noutras linguas, para o movemento que defende a unidade do galego e o portugués vexa: Reintegracionismo.

Un lusismo, lusitanismo ou portuguesismo é un trazo idiomático ou vocábulo do portugués usado noutra lingua.

Lusismos en galego

A entrada de palabras do portugués de Portugal, Brasil ou as demais comunidades de fala portuguesa no mundo supoñen empréstimos como aqueles que veñen de calquera outra lingua. Algunhas veces estes empréstimos son aceptados, e a propia norma oficial toma conta deles para encher necesidades terminolóxicas. Moitas outras veces, estes empréstimos son rexeitados pola norma, e son precisamente estes aos que con maior frecuencia se refire o termo lusismo.

Da outra banda, desde o punto de vista da normativa reintegracionista, que parte de que o galego e o portugués son a mesma lingua, o concepto mesmo de lusismo non existe no galego.

Exemplos de lusismos aceptados caipiriña ananás azulexo churrasco

Exemplos de lusismos frecuentes non recollidos no Dicionario da Real Academia Galega

A fórmula de agradecemento obrigada/o no canto de grazas. Bochecha no canto de fazula ou meixela. Calzas no canto de pantalóns. Ciúmes no canto de celos. Loxa no canto de tenda. Greve no canto de folga. Sotaque no canto de acento. Equipa no canto de equipo. Voltar no canto de volver. Cartaz no canto de cartel.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reintegracionismo Normativa oficial do galego Normativa reintegracionista do galego

Categoría:Lingua galega