Muller elaborando manteiga|miniatura A seguir recóllese a pegada da manteiga na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Refraneiro popular A muller e a manteiga, adobalas pra levalas á feira. A veiga e a manteiga, a bondade tena na veiga Época da castañeira, villotes, pan e manteiga. Na cama do can non cates /busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga. No bico /niño do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela vaias cata-la manteiga. O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo. Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca. Se os penedos de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga i o río de Ouro viño mouro, non habería terra como a do Vale de Ouro.Fai referencia a localidades do norte da provincia de Lugo A muller e a manteiga adóbanse prá feira. A veiga e a manteiga, a bondá ten á beira.

A manteiga e a tona A muller que come a nata non pode ter a manteiga. A muller que come /vende a nata non ten sorte na manteiga. A muller que vai á nata non ten parte na manteiga. Non hai pior vicio que o leite con tona e pantrigo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela (1994).

Outros artigos A vaca na cultura popular galega

manteiga