Sergi Pàmies, nado en París en 1960, é un escritor, xornalista, tradutor e crítico en lingua catalá.

Traxectoria É fillo da escritora Teresa Pàmies e de Gregorio López Raimundo.

Autor de diversos contos e novelas traducidos a diversos idiomas. Traduciu ó catalán obras de Guillaume Apollinaire, Agota Kristof, Jean-Philippe Toussaint, Frédéric Beigbeder e Daniel Pennac.

Colaborou en prensa e participou en espazos radiofónicos, habitualmente en colaboración con Quim Monzó. Actualmente colabora no programa Els Matins de TV3, e en La Vanguardia.

Obras Escolma de contos T'hauria de caure la cara de vergonya, 1986 Infecció, 1987 La gran novel·la sobre Barcelona, 1999 L'últim llibre de Sergi Pàmies, 2000 Se comes un limón sen facer xestos (Si menges una llimona sense fer ganyotes, 2006, traducido ó galego por Antón Dobao). La bicicleta estàtica, 2010

Novela La primera pedra, 1990 L'instint, 1993 Sentimental, 1995

Guións El matí de Josep Cuní, Catalunya Ràdio, 1989, (un só programa). Sang bruta (con Quim Monzó). Radio-novela emitida en Catalunya Ràdio, 1990.

Traducións Guillaume Apollinaire: Les onze mil vergues (1907). Bob de Groot: Léonard est un génie (1977). Agota Kristof: [O gran caderno (Le gran cahier, 1986). Agota Kristof: La preuve (1988). Agota Kristof: Le troisième mensonge (1992). Agota Kristof: Hier (1995). Agota Kristof: L'heure grise ou Le dernier client (1975). Amélie Nothomb: Stupeur et tremblements (1999). Daniel Pennac: Comme un roman (1992). Charles Perrault: Carapuchiña vermella e outros contos. Jean-Philippe Toussaint: L'appareil-photo (1988).

Premios Premio Ícaro 1990: La primera pedra. Premio Prudenci Bertrana de novela, 1993: L'instint. Finalista do premio Laure Bataillon, 1993: Tradución francesa de L'instint. Premio Crítica Serra d'Or de Literatura e Ensaio, 1998: La gran novel·la sobre Barcelona. Premio Ciutat de Barcelona, 2007: Se comes un limón sen facer xestos]]. Premio Lletra d’Or, 2007: Se comes un limón sen facer xestos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina dedicada a Sergi Pàmies na Associació d'Escriptors en Llengua Catalana. ficha no espazo de literatura catalá da Universitat Oberta de Catalunya

Pamies Categoría:Contistas Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1960 Categoría:Franceses de ascendencia catalá