Xoan Piñón, nado na Coruña en 1951, é un fotógrafo profesional e músico galego. É membro de DOA, participou ademais en N.H.U..
Traxectoria Licenciouse en Medicina en 1975 pola Universidade de Santiago de Compostela. Fotógrafo autodidacta desde 1977, deuse a coñecer coa serie "Iluminados". Nos seus comezos combinou o deseño gráfico coa fotografía. A partir de 1982 alterna a fotografía profesional coas súas coleccións de autor. A súa obra é variable en contidos e forma; unha inquedanza pola experimentación, unha busca da interiorización no retrato e unha narrativa sincera e poética, conviven con mergullamentos nos mundos mais inhóspitos do inconsciente humano.
Músico vocacional, membro fundador do grupo DOA, toca a guitarra, laúde e a mandolina. Tamén colaborou con outros artistas.
Premios Premio Accesit da Critíca (Vigo) 1982 Premio Lux Prata Moda 1995 Cofundador do grupo de fotógrafos galegos "Canbranco" "Primeira Fotobienal Vigo" Cofundador do colectivo "Novos Fotógrafos Coruñeses"
Obra fotográfica Coleccións Iluminados (1977 a 1985) Luz Coherente (1986) Inmateriais (1987) Nova York (1987) Galicia Terra Nai (1993) 10 Anos de Moda (1985 a 1995) A Memoria Recobrada (1997) Momentos de Cine (1997) Espirais (1994 inacabada) Dez Outonos no Courel (1994 - 2004) A Paisaxe Humana (2003) Extractos (2005) A Horta de Carnati (2006- 2007)
Obra musical con DOA 1979: O Son da Estrela Escura (Ruada) reeditado 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia) 1984: Polaridade (Sociedade Fonográfica Asturiana / Ión Producións) reeditado por Ye Records Dous Acordes SL. no 2002 2002: Arboretum (DOA, Xingra) 2006: A fronda dos cervos (DOA, Mare producións) 2011: A fronda dos cervos (DOA, Fol Música)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Xoan Piñón Blog de Xoan Piñón Páxina web de DOA Blog de Generación 49
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1951 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo