San Xurxo de Piquín é unha parroquia do concello lugués da Ribeira de Piquín na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 281 habitantes (147 homes e 134 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 31 habitantes en relación ao ano 2000.

Historia Nun documento do mosteiro de San Xoán de Mera, datado en 985, a monxa Gudilona, filla de Froilán, fai doazón da vila que se chama Soutelo de Eo, situada nos montes que dividen Asturias e Galicia, e que recibira dos seus pais Ero e Gudeguia.

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Piquín

Parroquias da Ribeira de Piquín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Ribeira de Piquín

Categoría:Parroquias da Ribeira de Piquín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo