En terra de lobos ouvear coma todos|350px|miniatura A muller e a loba do máis feo se namora Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. Alégrase o lobo cos couces da ovella. Avisade ó lobo e deixade o gando soilo. Ben parva é a ovella que co lobo se confesa. Ben se aleda o lobo do que come o zorro Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Ben se alegra o lobo do que come o zorro. Ben vai a ovella coxa, coma o lobo non a colla. Burro de moitos cómeno os lobos. Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Can que lobos mata, lobos o matan Eladio Rodríguez González, s. v. can.. Cando co fato anda o dono, nin dá o teo nin vén o lobo. Cando mata o lobo, mata pra todos. Cando o lobo non vai polo seu pé, non come do que quer. Cando o lobo vai roubar, lonxe das casas vaino buscar. Cando un lobo come a outro, non hai que comer no souto. Coa auga en san Xoán xa se revolve o lobo ó can. Come o lobo de toda a carne, menos da súa, que a lambe. Con un lobo non se mata outro. Cousa de moitos cómena os lobos. Cousa de moitos, cousa de lobos. Da conta que saca o pegureiro, o lobo / monte sábelle sabe o erro O lobo e mailas escabrosidades do chan galego fan difícil a custodia do gando.. Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.. Dios nos libre da boca do lobo. Do contado come o lobo. Do lobo, un pelo. Do lobo un pelo, e ese no medio do lombo. Dou ó demo todos, dixo o que araba cos lobos . Dous cans a un lobo cómeno todo. Dous lobos a un can, ben o comerán . En abril cátanos no cubil, en maio xa son bo galo, en san Xoán xa lle dou a carreira ó can, en santa Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo ben empolado. En terra de lobos ouvear coma todos. En xaneiro, sete lobos no carreiro. En xaneiro, sete lobos polo carreiro. Faite ovella e comerate o lobo. Fillo de lobo sempre tira ó monte. Gárdate de home mal barbado e de lobo esfameado Eladio Rodríguez González, s. v. home.. Lobo famento non ten asento. Lobo tardeiro non volve baleiro. Mal lle vai á ovella que co lobo se aconsella. Marzo marzán, á noite cara de lobo e a mañán cara de can. Mentras o can dorme, o lobo mata e come . Muda o lobo os dentes, mais non as mentres. Na terra dos lobos ouvear coma eles Juan Sobreira Salgado: Papeletas.. Na terra dos lobos, ouvear coma todos Eladio Rodríguez González, s. v. oubear.. Non come o lobo besta branca. Non soilo o lobo come carne crúa. Nunca o lobo mata ó lobo. Nunca un lobo come a outro. O fillo do lobo lobiño é Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.. O fillo do lobo logo adeprende a ouvear Eladio Rodríguez González, s. v. fillo. No orixinal: oubear.. O fillo do lobo tira sempre ao monte. O lobo e o raposo non son bos compañeiros. O lobo famento non pode estar contento. O lobo farto de carne, meteuse frade. O lobo muda de pelo pero non de condición. O lobo non come da carne que quer, senón da que houber. O lobo non ve todo o que queda no monte. O lobo, onde cría, non é donde fai a matanza. O lobo perde do pelo pero das mañas. O lobo vello caza á espera. O lobo vello de noite oubea. O porco que é pró lobo non hai san Antón que o garde Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. O que entre lobos se mete, gandido sai. Ó que se fai ovella, cómeno os lobos. Onde non ves lobo, cata o lobo. Os fillos do lobo, lobos serán. Ovella de moitos cómena os lobos. Palabra, díxolle o lobo á cabra. Pola Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado. ¿Qué lle importa ó lobo o que come o zorro? Quen con lobos anda, oubear deprende. ¡Quen o collera onde o lobo mata á ovella! Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado. Se marzo marcea non queda can nin ovella, nin pastor coa súa pelexa, nin o can coa súa carranca, nin o lobo coa súa zanca. Son lobos dunha camada: se algún non esfola é que mata. Toda carne come o lobo, agás a súa que a delambe. Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro. Un lobo a outro lobo non se comen nin se morden. Un lobo a un can ben o comerá. Vaca de moitos, cómena os lobos Porque ninguén se preocupa de coidala, deixando esa responsabilidade ós demais..

Notas

Véxase tamén Bibliografía ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.

lobo