miniatura|300px|E, poidas que non poidas,/ arrea, burro, pra diante;/ como trasportes a carga/ nunca a cabeza levantes A burra da miña tía / non anda pero recúa, / si tes gana de parola / vaite que vai boa lúa. Á mestra de Lubeira / morreulle a burra bermella; / tódolos que non cantaren / leven o camiño dela Xaquín Lorenzo Fernández, 36. No orixinal: bermella, todolos, de ela.. Ai, miña probe Francisca, / ¿qué lle fixeches ó cura / que cando che bautizou / púxoche o nome da burra? Alá vai Esclavitú: / -Déixame ir, que meto un grito; / quero as orellas do burro / pra faguer un abanico. Algo che pasa, meniña, / pois dis: ¡agora xa foi! / soio dimpois que tropeza / ó burro lle berran: ¡xo! Arre, burro, arre, burro,/ arre, burro, pró Outeiro; xa que che puxen a albarda/ heiche pór o cabeceiro Xaquín Lorenzo Fernández, 45.. ¡Arre meu burriño! ¡Arre!; / Pásame pronto a Galicia, / aos de atráis non lles din nada, / vanme meter en xusticia. Cala, burro, cala, burro,/ xa me enfado do te ouvir;/ se os outros foron á feira/ tu, burro, tamén has ir Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: tú.. Canta tu, cantarei eu,/ miña boquiña de troita,/ por baixo dun burro xema/ quen o meu cantar escoita Xaquín Lorenzo Fernández, 58. No orixinal: tú, cantaréi, de un.. Canta tú, cantaréi eu, / miña cariña de troita; / por baixo de un burro xema / quen o meu cantar escoita. Casar, casar calquera casa, / calquera burro é casado, / manter fillos e muller..., / a porca retorce o rabo. Castellanos de Castilla, / orellas de burro blanco, / que non dades aos galegos / unha hora de descanso Xaquín Lorenzo Fernández, 61.. Dices que non canto ben, / para ti canto bastante; / si non me queres oir, / arre, burro, para adiante. Disme que eu canto mal/ para min xa é bastante;/ o que me non queira ouvir/ arre, burro, para adiante! Xaquín Lorenzo Fernández, 71.. E, poidas que non poidas, / arrea, burro, pra diante; / como trasportes a carga / nunca a cabeza levantes. Eí vai Luisa de Guinio, / corre coma unha cadela, / busca-los dentes do burro / pra faguer unha peineta Xaquín Lorenzo Fernández, 73. No orixinal: ehí, buscalos.. Eso solo vos son contos / o de nós non te-lo mando: / onde estamos nolos hombres / por burras indes pasando. Esta noite virei tarde/ porque se o burro perdeu:/ cando oias pasos de burro/ asómate, que son eu Xaquín Lorenzo Fernández, 77.. Eu cantar ben che cantaba / a gracia non era moita; / ¡quen me dera un burro vello / pra botar a quen me escoita! Eu, cantar, cántoche ben, / gracia non che teño moita, / téñoche un burriño branco / pra botar a quen me escoita. Eu non sei que quer decer/ o burro de Xancebás;/ eu na miña cama deixo/ deitado un lindo rapaz Xaquín Lorenzo Fernández, 82.. Eu non son ningunha burra / que teña que rexistrar; / se é que ves con esa ideia / daquí xa podes largar. Faralleiros son nas Grañas, / revellados en Mañón, / cabanexos en Cabanas, / burros en San Pantaón Son lugares do concello de Mañón, A Coruña.. Fun ó monte por sardiñas,/ fun ó mar cargar de toxo,/ polo monte fun nadando,/ polo mar nun burro coxo Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.. Guapo, que estás nesa porta, / non penses levar cebada, / que a un burro como eres ti / bástalle roer na palla. Había moitos que teimaban,/ i eu era o pirmeiro,/ que había morrer un burro á sede/ o vinteoito de febreiro Xaquín Lorenzo Fernández, 86.. Il é tratante de vacas/ e tamén o é de burros;/ coitada da Cristelina,/ que leva dous macanudos Xaquín Lorenzo Fernández, 89.. Inda che hei de botar unha/ por riba dun seixo blanco,/ que tu non has de negar/ que es fillo dun burro blanco Xaquín Lorenzo Fernández, 89. No orixinal: és, de un.. Ise burro que eí ornea,/ ornea pola cebada;/ non a ha levar esta noite/ tampouco de madrugada Xaquín Lorenzo Fernández, 90. No orixinal: ehí, nona.. Meu santo, San Antoniño,/ nacido no sobreiral,/ o pesebre do meu burro/ évos voso irmán carnal. Mozo de orellas de burro,/ agárrate a traballar;/ namentres te no’acostumbres/ contigo non hei casar Xaquín Lorenzo Fernández, 106.. Nin bo pedro/ nin bo burro negro/ nin bo lameiro/ por riba do rego Xaquín Lorenzo Fernández, 107. Trátase dun exemplo de cantiga que tamén corre como refrán. O pedro é un chourizo que se fai co intestino groso do porco.. Niste lugar de Facós/ non entra carro ferrado/ se non o trae o Manoel/ co burriño polo rabo Xaquín Lorenzo Fernández, 108. No orixinal: nono. Facós é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, concello de Lobeira. Na Galicia rural, o carro representaba un signo externo de riqueza, que reflictía tanto a posesión de gando para tirar del como de colleitas, leña, pedra, etc en cantidade tal como para necesitar un carro propio para o seu transporte. Aplicábase á riqueza persoal de quen se gababa de ter carro, así como á riqueza en gando e colleitas dunha determinada aldea: a falla de gado non permete xunguir o carro pra levar e traguer as cousas.. No lugar de Fradalvite/ non entra carro ferrado/ se non o trai Elisiña/ co burriño polo rabo Xaquín Lorenzo Fernández, 109. No orixinal: nono. Fradalvite é un lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira, parroquia dividida polo límite de dous concellos (Lobeira e Bande). Non obstante, Xaquín Lorenzo di que é “lugar da parroquia de San Martiño de Grou”, que é outra parroquia do mesmo concello (px. 289).. O burro morreu,/ rechinou os dentes/ e díxolle adios/ a tódolos presentes Xaquín Lorenzo Fernández, 115. No orixinal: todolos.. O cantar é alegría,/ ben burro é o que non canta;/ canta nena, que o que canta/ tódolos males espanta . O cantar é alegría/ e ben burro é o que chora;/ eu canto hasta me fartar/ e mais teño a muller fóra Xaquín Lorenzo Fernández, 115. No orixinal: fora.. O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura Fermín Bouza-Brey, 1929, 153-204 [en facsímile II], 195. No texto: Esclavitude.. O home de neno é rei/ e de mozo capitán,/ de casado pasa a burro/ e de vello queda en can Xaquín Lorenzo Fernández, 117.. O rei mandou unha carta/ dentro dun figo maduro:/ que as mulleres beban viño/ e os homes, mexo de burro. Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira Fermín Bouza-Brey, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran.. Pasaches e non falaches,/ pensas que te eu precuro;/ heime de casar con outro/ xa que tu eres tan burro Xaquín Lorenzo Fernández, 128. No orixinal: tú.. Pensaches por ser moi rica/ que xa me tiñas seguro;/ tes un xenio de cadela/ i eu non nacín pra burro Xaquín Lorenzo Fernández, 131.. Pensas que as túas palabras/ me van a min convencer;/ se es burro, meu amigo,/ non teño que lle faguer Xaquín Lorenzo Fernández, 132.. Polo mar andan as lebres/ e polo monte as anguías,/ polo aire andan os burros,/ mirade que tres mentiras. Por botar un eixo a un carro/ ¿canto levan na túa terra?/ Contéstame logo, Antona,/ e bota a conta sin erro./ Anda ti, fillo dun burro,/ nativo de Roque Pas,/ por botar o eixo a un carro/ lévanche nove reás. Por que vas presa, Sabela?/ Señor, por cousa ningunha:/ porque roubei unha corda/ i atrás da corda ía a burra Xaquín Lorenzo Fernández, 135.. Quen che dera unha peseta/ pra comprar de xabrón/ para lavar ese burro/ que está negro de nación Fermín Bouza Brey 1929, 191.. Quen o había de decer,/ quen o había de pensar,/ que o burro había morrer/ á sede niste lugar Xaquín Lorenzo Fernández, 138. No orixinal: quéno.. Responde, burro, responde,/ acaba de responder;/ teño unha mañiza de herba/ pra che botar de comer Xaquín Lorenzo Fernández, 139. No orixinal: erba.. Teño unha albarda ben feita,/ ben feita ó meu parecer,/ para lle poñer ó burro/ que non soupo responder. Teño unha albardiña feita/ cosida con liñas brancas/ para traguere a ise burro/ por baixo das miñas chancas Xaquín Lorenzo Fernández, 152.. Teño unha albardiña feita,/ feita ó meu parecer,/ pra lle poñer a ese burro/ que non sabe responder . Teño unha herba na horta/ que bota fóra do muro;/ non me criaron meus pais/ pra contestar a ise burro Xaquín Lorenzo Fernández, 152. No orixinal: erba, fora.. Tírate diante de min,/ cara de gato esfolado,/ ó demo morreulle o burro,/ vaille a servir de criado. Tódolos xastres son burros / heinos de cargar de sal / ¡arre, burro!, ¡arre, xastre!/ ¡arre! para Portugal. Turra, turra,/ Xan, pola burra./ Pedro non quero/ que son caballero. Veño dende alá tan lonxe,/ pisando cardos molares,/ por ver a cara do burro,/ cara de quitapesares Xaquín Lorenzo Fernández, 161..

Notas

Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II]. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.

burro