miniatura|250px|A pan e coitelo:Ter xente na casa, estar a mesa posta
A pan comer: albergar xenta na casa, a mesa posta Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. A pan e auga: sen comer outra cousa que pan e auga. Aplícase a castigos ou penitencias de xexún . A pan e coitelo: v. a pan comer . A pan e mantés: v. a pan comer . (andar, estar, quedarse, vivir, poñer) A pan pedir: vivir da caridade pública, pedindo esmola, por estar na miseria . A pan sabido: vivir mantido por outro, sen ter que preocuparse . A pan seco: comer pan só, sen outro compango nin viño . ¡Así Dios nos dea pan e paz! Axudar a ganar o pan a alguén: axudar a outro a gañar o seu sustento . ¡Benia ó pan que come!: dise de quen se ve forte e ben mantido, ou de quen posúe de abondo para vivir con desafogo . Cara de pan: ter a cara seria. Coller pan pro ano: dise do labrego que colleita o suficiente para o ano . Comer o pan coa codia: cando o meniño xa sabe valerse por si. Aplícase tamén ós enfermos que empezan a recuperarse ou dos que teñen, ou dicen ter, certa experiencia e válense xa por si mesmos . Comerlle o pan a un: estar alguén mantido por el . Comer o pan dos máis: dise da persoa moi vella e con achaques, que se supón que xa está de máis, como se estivese comendo do que faría falta aos demais . Coma o pan da boca: dise do que é indispensable para vivir. Comer a pan sabido: vivir a expensas de alguén. Comerlle o pan a un: estar mantido por alguén, por veces, aproveitarse del. Como o pan da boca: dise do que resulta indispensable para a vida, do que se ten en grande estima . Como pan bendito: que se vende con moita facilidade . Con pan e con pau: a educación debe combinar os coidados e agasallos co castigo e a man dura. Contigo pan e cebola: expresión usual entre namorados, ponderando o seu desinterese. Cortar tanto touciño coma pan: ter abundancia nas comidas, sen escatimar. Custarlle a alguén a bóla un pan: cando algunha operación sae cara de máis ou cando un sae escaldado de calquera asunto . De pan levar: aplícase ás terras dedicadas a sementar centeo, trigo ou millo . Deixar a pan pedir: deixar na miseria absoluta.Xa na Crónica troiana: "Et por ende tomarõ os dioses uingança, que de moý rricos que ante erã agora som muý pobres et apan pedir"; E por isto tomaron os Deuses vinganza, que de moi ricos que antes eran agora están moi pobres e a pan pedir.. Engana-lo pan: comer calquera cousa acompañando o pan, aínda que non sexa de moito aprecio . Escaldar o pan: cocelo con demasiado lume, de modo que se forman ampolas na codia . Estar a pan e coitelo: vivir xuntos e moi a gusto, levarse ben dúas ou máis persoas . Estar feito un forno: estar acalorado en exceso Eladio Rodríguez González, s. v. forno.. Estar metido en fariña: estar gordo Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.. Facer un pan coma unhas hostias: expresa o desacerto ou fracaso dunha empresa . Facer un pan coma unhas noces: facer unha desfeita, estragar algo no que se estaba traballando . Faltarlle o pan a un: carecer do máis indispensable para o sustento . Gañar o pan: traballar e gañar o necesario para vivir. Gañar o pan que come: dise de quen achega o seu traballo para xustifica-la comida que se lle dá. Aplícase ó meniño que xa pode facer algún traballo para axudar na casa . Levarse coma o pan e o leite: ser íntimos amigos. ¡Non che vai o pan polas pallas!: dise a quen non se apura por nada José María Pereda Álvarez. Non cocerlle o pan no corpo a un: estar inquieto, desconfiado . Non comer pan: aplícase ó que, sen ter agora ningún valor, cómpre gardar por se nalgún momento pode ser útil . Non comer un o pan de balde: non recibir un pago ou recoñecemento gratuitamente, senón como consecuencia do seu traballo . Non dar un grau de trigo ó galo da pasión: ser extremadamente mesquiño Eladio Rodríguez González, s. v. galiña.. Non estar o forno pra bolos: dise cando algo non é oportuno, cando non hai disposición para atender ou facer o que se propón . Non haber pan por onde pasa: dise de quen está tan fraco e famento que parece que non houbese nin pan na súa casa . O (noso) pan de cada día: o alimento de tódolos días; aplícase tamén a outras realidades que se repiten tódolos días ou moi frecuentemente . Ó pan, pan: dici-las cousas claramente, sen rodeos nin eufemismos. Pan por pan: dicir ou facer as cousas directamente, sen rodeos . Pan por pan, e viño por viño: expresión que ratifica que un dixo as cousa con toda claridade e sen eufemismos . Poñer a alguén a pan pedir: insultar a alguén, criticar duramente a alguén, deixalo humillado . Quedarse alguén a pan pedir: quedar na ruína . Quentarse o forno: enardecerse unha persoa, irritarse . Repartir unha cousa como pan bendito: distribuíla en porciones moi pequenas, que non chegan a nada . ¿Seica me queres comela broa?: dise a quen parece que nos toma por parvos, a quen nos quere tomar o pelo Eladio Rodríguez González, s. v. broa. Ser algo pan comido: dise de algo difícil que se desexa ter, pero que se ten por seguro . Aplícase ás veces ás conquistas amorosas, dándoas por fáciles e seguras . Ser algo pan comido: dise do que parece estar xa conseguido ou que é moi fácil de conseguir. Ser como o ano que non hai pan: dise dos cicateros, rácanos, avaros Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Ser da mesma fariña: ser dúas persoas da mesma condición, costumes, familia, etc.. Ser fariña doutro fol: ser dúas cousas ou persoas moi diferentes; ser algo totalmente alleo ó asunto de que se trata . Ser máis bo que o pan: dise dunha persoa boa de máis . Ser máis longo que un día sen pan: referido tanto a persoas ou obxectos físicos como a situacións que non parecen acabar nunca. Ser pan e mel: ser unha cousa moi boa e agradable . Ser un anaco de pan: ser moi boa persoa. Ter pan e capelo: dise da moza que é rica e ten posibles . Ter pan e porco para o ano: dise de quen posúe os medios necesarios para vivir con largueza durante o ano Frei Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos (1762).. Ter pan pró ano: ter o suficiente para pasar o ano, aínda que sexa modestamente . Vir o pan ó suco: comezar a madurar as espigas dos cereais. Por extensión, irse acomodando as circunstancias ós nosos desexos . Xa non come o pan de trigo: dise de quen está a morrer José María Pereda Álvarez (1953)..
Notas
Véxase tamén Bibliografía PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19–52. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. Frei : Obra de 660 pliegos (1762).
Categoría:Locucións