Harvey Bernard Milk, nado en Nova York o 22 de maio de 1930 e finado en San Francisco o 27 de novembro de 1978, foi un político e activista norteamericano, o primeiro político abertamente gai elixido para un cargo público en California. Milk trasladouse dende Nova York ata San Francisco no ano 1972, coincidindo cun aumento do colectivo gai no Distrito Castro. Axudouse do crecemento político e do poder adquisitivo deste distrito para promover os seus intereses, presentándose a un cargo público en tres ocasións. As súas campañas "teátricas" aumentaron a súa popularidade, sendo elixido para o posto de supervisor de distrito no ano 1977. Milk serviu case 11 meses neste posto e foi responsable da aprobación dunha rigorosa ordenanza municipal a prol dos dereitos dos gais. O 27 de novembro de 1978 Milk e o alcalde George Moscone foron asasinados por Dan White, outro supervisor que dimitira recentemente pero quería recuperar o seu posto de traballo.
Malia a súa curta carreira política Milk converteuse nunha icona en San Francisco e nun mártir para a comunidade gai. No ano 2002, Milk foi cualificado como o "funcionario LGBT máis famoso e significativamente aberto nunca elixido nos Estados Unidos". Anne Kronenberg escribiu del: "O que diferenciaba a a Harvey de ti ou de min é que el era un visionario. Imaxinaba un mundo xusto na súa cabeza e entón dispoñíase a crealo na realidade, para todos nos". Sobre a súa vida téñense escrito distintas obras, un extenso documental de televisión (The Times of Harvey Milk) e un filme (Milk) dirixido por Gus Van Sant, con Sean Penn no papel de Milk, estreado en 2008. O presidente Barack Obama impúxolle a título póstumo a medalla presidencial da liberdade o 12 de agosto de 2009.
Xuventude miniatura|155px|upright|Harvey (dereita) canda seu irmán máis vello Robert en 1934. Harvey Bernard Milk naceu en Woodmere, Long Island, o 22 de maio de 1930. Era o fillo máis novo de William e Minerva Karns Milk, xudeus de Europa Oriental, e neto de Morris Milk, un vendedor lituano propietario duns almacéns. A súa familia foi unha das que axudaron a organizar a primeira sinagoga na área."Harvey Bernard Milk". Encyclopedia of World Biography, 2nd ed. 17 Vols. Gale Research, 1998. De pequeno, mofábanse de Milk polas súas orellas prominentes, gran nariz e pés excesivamente grandes, e destacaba como burla da clase. Xogou ao fútbol americano na escola, onde tamén adquiriu paixón pola ópera. Descubriu a súa homosexualidade durante a adolescencia, aínda que a mantivo en segredo. Debaixo do seu nome, no anuario escolar lese: «Glimpy Milk —e din que as MULLERES nunca quedan sen palabras».No orixinal: «Glimpy Milk —and they say WOMEN are never at a loss for words». Glimpy (que en argot significa «parvo», «idiota» ou «zoupón») era o alcume de infancia de Milk, tamén chamado Glympy Milch («leiteiro») (Harvey Milk, NNDB.com Biography. Visitado o 8 de setembro de 2011).
Milk estudou no Bay Shore High School de Bay Shore até 1947. Dende ese ano ata 1951 asistiu ao New York State College for Teachers en Albany (posteriormente Universidade de Albany) e especializouse en matemáticas. Escribiu para o periódico universitario e obtivo reputación de estudante simpático e sociable. Ningún dos seus amigos durante os seus estudos secundarios ou na universidade sospeitaron da súa homosexualidade. Un compañeiro de clase lembra: «Nunca se pensou del como un posible marica —así os chamábamos daquelas—, era un machote». Tras graduarse, Milk alistouse na Mariña dos Estados Unidos durante a Guerra de Corea. Serviu a bordo do barco de rescate submarino USS Kittiwake como oficial de mergullo. Máis tarde foi transferido á Base Naval de San Diego para traballar como instrutor de submarinismo. En 1955 foi licenciado co rango de tenente con grao júnior.Milk dixo en numerosas ocasións que foi licenciado da armada por ser gai, pero Randy Shilts mostrouse escéptico ante esta afirmación, comentando: «O Harvey Milk de aquelas non era un activista político e, de acordo coas evidencias dispoñibles, realizou un perfecto acto de equilibrio entre a discreción e o seu impulso sexual». (p. 16) A estudosa Karen Foss confirmou que o seu licenciamento da armada non tiña ningunha relación coa súa sexualidade e afirmou: «Mentres que a esaxeración era unha táctica frecuente nas campañas, no caso de Milk este tipo de engadidos servían para demostrar a súa vontade de ser parte do sistema político mentres mantiña a súa distancia del». (Véxase a lista de citas de Queer Words, Queer Images, p. 21).
Primeiros traballos Os primeiros anos da carreira profesional de Milk estiveron marcados por constantes cambios. Comezou dando clases na George W. Hewlett High School de Long Island. En 1956 coñeceu a Joe Campbell na praia Jacob Riis Park, un lugar popular entre os homes gais de Queens. Aínda que Campbell era sete anos máis novo, Milk perseguiuno con loucura. Mesmo despois de que se fosen vivir xuntos, escribíalle a Campbell notiñas e poemas románticos. Ao pouco tempo fóronse da cidade e decidiron trasladarse a Texas; pero sentíronse infelices alí e decidiron regresar a Nova York, onde Milk conseguiu un traballo como actuario estatístico nunha compañía de seguros. Campbell e Milk separáronse logo de tras case seis anos xuntos, finalizando a que sería a súa relación máis duradeira.
upright|esquerda|miniatura|155px|Milk vestido para asistir á voda de seu irmán en 1954.
Inicialmente, Milk intentou separar a súa vida amorosa do seu traballo e da súa familia. Aburrido de novo e solteiro en Nova York, pensou en trasladarse a Miami e casar cunha amiga lesbiana para «gardar as aparencias, sen que ningún dos dous se interpuxese no camiño do outro».No orixinal: «a front & each would not be in the way of the other». Mais permaneceu en Nova York e seguiu tendo relacións homosexuais en segredo. En 1962 relacionouse con Craig Rodwell, dez anos máis novo que el. A pesar de que Milk andou detrás de Rodwell con paixón, despertándoo cada mañá cunha chamada e mandándolle notiñas, viuse desanimado pola participación deste na Mattachine Society de Nova York, unha organización activista gai. Rodwell foi arrestado por andar por Riis Park, acusado de incitar a disturbios e por exhibición indecente (a lei obrigaba a que os traxes de baño masculinos cubrisen desde por encima do embigo até por debaixo do papo da perna) e pasou tres días no cárcere. A relación rematou cando Milk se mostrou alarmado ante a tendencia de Rodwell a perturbar a policía.
De repente Milk deixou de traballar como vendedor de seguros e fíxose investigador na compañía Bache & Company de Wall Street. Foi ascendido varias veces, a pesar da súa tendencia a ofender os membros máis vellos da compañía, ignorando as súas recomendacións e facendo ostentación do seu éxito. Aínda que era bo no que facía, os seus compañeiros sentían que o seu corazón non estaba no traballo."Harvey Bernard Milk." Dictionary of American Biography, Suplemento 10: 1976–1980. Charles Scribner's Sons, 1995.
Daquelas comezou unha relación sentimental con Jack Galen McKinley, a quen recrutou para participar na loita contra a crecente presenza do Estado na economía e animouno para que traballase na campaña presidencial de 1964 do republicano conservador Barry Goldwater. A súa relación foi problemática, pois McKinley tiña tendencia á depresión e ameazaba a miúdo con suicidarse se Milk non lle prestaba suficiente atención. Para ensinarlle as consecuencias do que pretendía, Milk levouno ao hospital onde o seu ex amante, Joe Campbell, se estaba recuperando dun intento de suicidio. Campbell intentara quitarase a vida despois de que a súa parella —un home chamado Billy Sipple— o abandonase. Milk mantivera a amizade con Campbell, que agora pertencía á escena artística e vangardista do Greenwich Village, e non entendía como o seu desalento fora razón suficiente para considerar o suicido como opción.
Traslado a San Francisco A rúa Castro O val de Eureka en San Francisco, na intersección das rúas Castro e Market, fora durante décadas unha veciñanza de católicos irlandeses de clase traballadora, ligados á parroquia Most Holy Redeemer que se encontraba na área. Mais a comezos da década do 1960, os arrabaldes de Berkeley e Oakland (cidades as dúas do condado de Alameda, en California) atraeron a familias novas con fillos a medida que se erosionaba a base económica da cidade debido a que as fábricas se ían desprazando a lugares máis baratos. O alcalde Joseph Alioto, orgulloso de provir da clase traballadora ao igual que os seus seguidores, baseou a súa carreira política en atraer promotores inmobiliarios e a un cardeal á cidade. Moitos dos traballadores de fábricas —a miúdo partidarios de Alioto— perderon o seu traballo conforme as grandes compañías de servizos substituían as fábricas e os diques secos. San Francisco fora «unha cidade de aldeas»: unha cidade descentralizada con enclaves étnicos, cada un arredor da súa propia rúa principal.FitzGerald, Frances (21 de xullo de 1986). "A Reporter at Large: The Castro — I", The New Yorker, p. 34–70. Segundo se desenvolvía o centro, os barrios sufrían, incluíndo a rúa Castro. As tendas da parroquia Most Holy Redeemer cerraron e as casas foron abandonadas. En 1963 os prezos da vivenda caeron en picado cando a maioría das familias de clase traballadora intentaron vender rapidamente as súas casas, logo de que un bar gai abrira no barrio. Algúns hippies, atraídos desde a área Haight-Ashbury polos ideais do amor libre, pero que fuxían da alta criminalidade, compraron baratas algunhas das casas vitorianas.
Desde finais da segunda guerra mundial, San Francisco, un dos maiores portos de EUA, era lar dun número considerable de homes homosexuais expulsados do exército e que decidiran morar alí, en vez de retornar ás súas casas e enfrontarse ao ostracismo.D'Emilio, John. "Gay Politics and Community in San Francisco since World War II", en Hidden From History: Reclaiming the Gay and Lesbian Past, New American Library (1989). ISBN 0-453-00689-2 En 1969 San Francisco tiña máis gais per cápita que calquera outra cidade norteamericana. Cando o National Institute of Mental Health lle pediu ao Kinsey Institute que fixese un estudo sobre os homosexuais, o Kinsey Institute escolleu San Francisco como foco. Milk e McKinley estaban entre os miles de homosexuais atraídos a San Francisco. McKinley era director de escena de Tom O'Horgan, un produtor que empezara a súa carreira no teatro experimental, pero que logo pasou a realizar producións moito maiores en Broadway. Milk e McKinley chegaron en 1969 coa compañía que estaba facendo unha xira co musical Hair. A súa tempestuosa relación rematou cando a McKinley lle ofreceron traballo na cidade de Nova York para traballar na produción de Xesucristo Superstar. Milk, pola súa parte, decidiu quedar, atraído grandemente pola cidade e traballando nunha empresa de investimento. En 1970, cada vez máis frustrado co clima político trala invasión de Camboxa polos Estados Unidos, empezou a deixar o pelo longo. Cando se lle indicou que tiña que cortalo, negouse e foi despedido.