A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobor do ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latexos do propio corazón. Inaugurouse en abril de 1995Arquivo da TVG e é obra de César Portela e Arata Isozaki.

Contidos miniatura|Logotipo da Domus.|esquerda Ten 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán.

As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto), Sistema motor, O pé, Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe.

A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m². Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes. En dita sala proxéctanse películas IMAX ou en 3D, e impártense charlas de divulgación científica.

En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica.Concello da Coruña

Expedición Balmis Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo.

Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home

Homenaxe aos membros da expedición Balmis na Domus da Coruña 160pxVicente Ferrer, 7 anos 160pxJuan Antonio, 5 anos 160px Antonio Veredia, 7 anos 160px Pascual Aniceto, 3 anos 160px José Manuel María, 6 anos160pxGerónimo María 7 anos160px Francisco Antonio, 9 anos160px Francisco Florencio, 5 anos160px Nome descoñecido160px Cándido, 7 anos160px Tomás Melitón, 3 anos 500px Balcón Balmis na Domus da Coruña, homenaxe ás persoas da expedición.160px Juan Francisco, 9 anos 160px Clemente, 6 anos160px José, 3 anos160px Andrés Naya, 8 anos 160px Domingo Naya, 6 anos 160px Manuel María, 3 anos 160px Martín, 3 anos 160px Benito, 9 anos160px Jacinto, 3 anos 160px Vicente María Saley Bellido, 3 anos 160px José Jorge Nicolásde los Dolores, 3 anos 160pxIsabel Zendal Gómez 160px Membros da expedición

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do Domus Sistema Galego de Museos Turgalicia

Categoría:Museos Científicos Coruñeses Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:César Portela