Xornal.com foi un medio de comunicación electrónico galego, que xurdiu no 1999 e desapareceu en 2011.
Historia e características Fundado en 1999, reivindicou ser o primeiro xornal electrónico de Galicia, se ben Vieiros entrou en funcionamento como web e portal de servizos en 1996.
Foi fundado por cinco socios xornalistas: José Luis Gómez Gómez, Antonio Sangiao, Bieito Rubido, Enrique García e Vicente Martín. No ano 2000, Udramedios, a división de comunicación do Grupo San José, mercou as accións dos últimos catro e conformou un consello de administración compartido con José Luis Gómez, que exerceu o posto de editor.
En decembro de 2008 un periódico de nova edición, Xornal de Galicia, participado maioritariamente por Udramedios e dirixido polo propio José Luis Gómez, absorbeu Xornal.com como web do medio de comunicación en papel. Posteriormente integrouse en Xornal de Galicia, tamén dixital. Aínda que tamén a edición dixital acabou pechando.Páxina baleira
Tivo a súa sede na cidade da Coruña. Editouse en lingua galega e lingua castelá, maiormente nesta última.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do medio (baleira)
Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:Sitios web en galego