Iria González-Dopeso Reyes, nada en Santiago de Compostela en 1976, é unha montañeira galega.

Traxectoria Licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa carreira profesional centrouse no estudo do sistema nervioso e das patoloxías mentais. Como deportista iniciouse no piragüismo, pero aos 13 anos foi atropelada por un automóbil e perdeu a parte inferior da perna. Logo dun tempo sen facer deporte regresou á canoa, e logo pasou ao montañismo.Una santiaguesa minusválida física se lanza a la conquista del Polo Sur , El Correo Gallego, 16/01/2008

En 2008 participou nunha expedición española que trataba de acadar o Polo Sur dende Patriot Hills, na Antártida, cubrindo 250 km en 21 días e que tiña como obxectivo ser a primeira deportista discapacitada do mundo en facelo sen axudas externas.Estaremos semanas illados a 40 graos baixo cero , Galiciae, 4/12/2008 Finalmente non puido chegar á fase final da expedición.

Notas

Categoría:Alpinistas de Galicia Categoría:Discapacidade Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1976