As especies eurioicas ou xeneralistas son aquelas que son pouco esixentes respecto aos valores acadados nun determinado factor, é dicir, posúen valencias ecolóxicas de grande amplitude.

Características das especies eurioicas Teñen uns límites de tolerancia ecolóxica máis amplos e son capaces de soportar cambios relativamente grandes do ambiente onde viven; exemplo: a cascuda, o ser humano... Son estas especies, as que teñen un potencial de expansión máis considerable. Chegou un tempo na historia do noso planeta, no que certos ambientes oceánicos comezaron a estar superpoboados e determinadas especies de diversos grupos de seres vivos, especies intrépidas e colonizadoras, máis ben eurioicas, exploraron novos hábitats e adentráronse no medio terrestre. É probable que o tránsito dende as augas mariñas a terra firme se producise, en moitas ocasións, pasando por etapas intermedias de auga doce (ríos, lagos, pantanos,...). É probable tamén, que, naquelas épocas, a concentración do osíxeno da atmosfera e a capa de ozono xa fosen como na actualidade, o que estimulou esta conquista.

Véxase tamén Outros artigos Especie estenoica Valencia ecolóxica Especies xeneralistas e especialistas

Categoría:Ecoloxía