"Gin and Juice" é a segunda canción do álbum Doggystyle, lanzado por Snoop Dogg en novembro do 1993. Alcanzou o Top 10 do Billboard Hot 100 nos Estados Unidos de América e foi nomeada aos premios Grammy como mellor actuación de rap en solitario. Nunha recente lista das 100 mellores canción de hip hop da historia (realizada por VH1) apareceu no número 8. Foi producida por Dr. Dre, e escrita por este e máis por David Ruffin Jr.

Categoría:Composicións musicais de hip hop