O músculo platisma é un músculo superficial do pescozo, moi fráxil. Ten forma cuadrangular e cobre unha área relativamente extensa. Está moi pegado á pel. De feito, cando se fan disecións do pescozo, a miúdo o músculo é cortado e levantado coa pel.
Insercións Cranealmente: Cara anterior do corpo da mandíbula. Tamén no bordo inferior dese óso. Caudalmente: Bordo superior do esterno.
Vascularización e innervación Vascularizado polos vasos superficiais do pescozo. Innervación no nervio facial ou VII par cranial
Función Descende a mandíbula.
Relacións Superficiais: pel e tecido subcutáneo. Profundas: co músculo esternocleidomastoideo
Categoría:Musculatura