O hioide é un óso do pescozo, único, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tirohioide, entre a cartilaxe tiroide e o óso hioide. Na parte superior relaciónase coa parte máis posterior da lingua. A situación do hioide permite distinguir dous grupos distintos de músculos: os suprahioides (superiores ó hiode) e os infrahioides (inferiores ó hioide).
Estrutura do óso Corpo: Cara anterior: insírense os seguintes músculos: Xenihioides Hiogloso Digástrico Estilohioide Cara posterior: relaciónase coa membrana tirohioide a través da bolsa adiposa de Boyer. Bordo superior: insírese a membrana hioglosa e os músculos hiogloso, xeniogloso e xenihioide. Bordo inferior: insírense os músculos: Tirohioide Omohioide Esternocleidohioide Astas maiores: Superficie interna: insírese o músculo hiogloso. Superficie externa: insírese o músculo constritor medio da farinxe. Bordo superior: insírese o ligamento tirohioide lateral. Tamén hai fibras do músculo constritor medio da farinxe, do hiogloso do digástrico e o estilohioide. Bordo inferior: insírese a membrana tirohioide. Astas menores: insírense: Ligamento estilo-hiodeo. Músculo estilogloso Músculo hiogloso Músculo constritor medio da farinxe
Interese forense Nos asasinatos por estrangulación este óso adoita romperse.
Interese antropolóxico A posición do hioide é importante para determinar que homo podía falar e cal non. O primeiro en falar suponse a día de hoxe que é o Homo ergaster, cuxo hioide está máis elevado có dos homo predecesores.
Véxase tamén
Outros artigos Aparello fonador Larinxe
Categoría:Esqueleto